Aviso Legal

O presente Aviso Legal foi elaborado co obxecto de informar os usuarios dos dereitos, usos, prohibicións, responsabilidades, etc., de aplicación ao navegar polo Portal www.leitelarsa.es, titularidade de Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A ..

O Portal www.leitelarsa.es, alberga contidos e produtos suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial. A utilización abusiva daqueles, fóra dos límites autorizados, será perseguida polas canles legais pertinentes, por iso aconsellamos o uso baixo os parámetros de responsabilidade e boa fe.

Obxeto

Regular o acceso, navegación e uso da Páxina Web de CAPSA no seguinte enderezo www.leitelarsa.es. Do mesmo xeito, regúlanse as responsabilidades derivadas da utilización dos seus contidos —textos, gráficos, debuxos, deseños, fotografías, software, códigos, bases de datos, imaxes, informacións, así coma calquera outra creación protexida polas leis nacionais e tratados internacionais sobre propiedade intelectual e industrial—, que o titular pon á disposición dos usuarios a través da súa Páxina Web.

As condicións que rexen os diferentes servizos dispoñibles no Portal www.leitelarsa.es están suxeitas á seguinte normativa, na parte que resulte de aplicación: Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico; Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos; Lei 7/1996, do 15 de xaneiro, de ordenación do comercio polo miúdo; Real decreto lei 1/2007, do 16 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa de consumidores e usuarios e outras leis complementarias; Lei 44/2006 de mellora da protección dos consumidores e usuarios, e normativa relacionada.

Titularidade

De conformidade co artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, infórmase de que a Páxina Web accesible dende o dominio www.leitelarsa.es é titularidade de Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A., (de agora en diante CAPSA) Sociedade inscrita no Rexistro Mercantil de Asturias, tomo 1649, folio 2, folla n.º AS-9927, con CIF A-03161270 e sita en Sierra de Granda, s/n, CP 33199, Siero, Asturias. CAPSA é titular ou dispón da correspondente licenza de uso sobre os diferentes contidos —textos, fotografías, debuxos, deseños, software, código fonte e informacións incorporadas con este fin— expostos ao longo do Portal Web.

Contacto

CAPSA pon á súa disposición un formulario de contacto gratuíto, a fin de que remitan as súas consultas e suxestións.

Utilización da Páxina Web e Servizos

A navegación e o uso do Portal, así como a maioría dos servizos contidos nel, son completamente gratuítos; cumprindo de forma expresa e sen ningún tipo de reservas o presente Aviso Legal.

Así mesmo, o usuario obrígase a usar correctamente o Portal, de conformidade co contido do presente Aviso Legal, principios de boa fe e lexislación vixente. Prohíbese explicitamente calquera uso ilícito, contrario á orde pública ou lesivo dos dereitos e intereses das persoas, reservándose CAPSA nos devanditos casos o seu dereito a emprender as accións xudiciais que considere oportunas.

Dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial

CAPSA é titular ou ten a correspondente licenza de uso sobre os dereitos de explotación de propiedade intelectual e industrial do Portal www.leitelarsa.es, así como dos contidos dispoñibles a través del, entre outros: os textos, gráficos, deseños, logotipos, marcas, nomes comerciais, fotografías, imaxes, deseños, contidos audiovisuais ou sonoros, software, bases de datos.

O feito de lles permitir aos usuarios o acceso ao Portal www.leitelarsa.es non implicará, en ningún caso, a renuncia, transmisión, licenza ou cesión, total nin parcial, dos devanditos dereitos por parte de CAPSA.

Con carácter meramente enunciativo, que non limitativo, prohíbeselles aos usuarios do Portal www.leitelarsa.es levaren a cabo calquera das actuacións que deseguido se relacionan:

- Suprimir, eludir ou manipular calquera dato de identificación dos dereitos do titular do Portal ou dos seus titulares incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección, ou calquera mecanismo de información ou identificación que se incorporen aos contidos.

- Modificar, copiar, reutilizar, explotar, reproducir, comunicar publicamente, facer segundas ou posteriores publicacións, cargar arquivos, enviar por correo, transmitir, usar, tratar ou distribuír de calquera forma a totalidade ou parte dos contidos incluídos baixo o presente Portal para propósitos públicos ou comerciais sen autorización expresa e por escrito de CAPSA; ou, de ser o caso, do titular dos dereitos que corresponda.

- Reproducir, copiar, extraer ou reutilizar, para uso privado ou para comunicación pública, aqueles contidos considerados como Software ou Base de Datos, a teor do exposto polo texto refundido da Lei de propiedade intelectual.

O dominio www.leitelarsa.es, titularidade de CAPSA, non poderá ser utilizado en conexión con outros contidos, produtos ou servizos que non sexan titularidade de CAPSA cando poidan causar confusión entre os usuarios finais ou o descrédito daquela.

Responsabilidades

O titular do sitio web non se fai responsable, a título enunciativo, das seguintes actuacións:

• Mal uso do Portal por parte dos seus usuarios.

• A continuidade dos contidos do Portal.

• Os danos ou prexuízos que causar calquera persoa, ben a si mesma ou a terceiras, en infracción das condicións, normas e instrucións que o titular establece no Portal ou no presente Aviso Legal.

• A presenza de virus ou demais compoñentes daniños no Portal ou no servidor que os subministra, tanto no relativo á visualización dos contidos polos usuarios como á súa descarga.

• Os contidos e servizos prestados por outras Páxinas Web ás que se poida ter acceso dende o presente enderezo de Internet.

• O mal funcionamento de software ou plug-ins ―descarga que puidese realizarse dende a ligazón establecida con este fin― necesarios para a visualización de determinados contidos albergados no presente Portal.

• A invulnerabilidade do Portal, nin do software utilizado, distribuído ou obtido daquel.

• O maior ou menor rendemento dos contidos albergados no Portal.

• Os danos ocasionados pola vulneración dos sistemas de seguridade albergados ou inseridos a través do Portal.

Duración e Modificación

O presente Aviso Legal ten a vixencia que dura a súa exposición. Por iso, CAPSA aconséllalles aos usuarios que lean con atención o seu contido cada vez que accedan ao Portal, único modo de coñecer o seu texto actualizado, xa que CAPSA non está obrigada a notificarlles os seus cambios de forma persoal aos usuarios.

Así mesmo, CAPSA resérvase o dereito de modificar unilateralmente as presentes condicións, en calquera momento, na súa totalidade ou parcialmente. A dita modificación producirá efecto dende a súa publicación no Portal, máis concretamente, dende a súa inserción na ligazón “Política de Privacidade”.

Suspensión

CAPSA poderá optar, unilateralmente, por interromper, suspender ou dar por finalizado o acceso aos contidos do Portal, con independencia do disposto no Aviso Legal. As devanditas situacións non alterarán a vixencia das prohibicións de uso dos contidos expostos ao longo do presente escrito.

CAPSA tomará as medidas pertinentes, na medida en que lle for posible, para avisar os usuarios das devanditas circunstancias, suspensión, interrupción ou termo de acceso aos contidos.

Nulidade e Ineficacia

No caso de que calquera punto das presentes condicións sexa considerado nulo ou inaplicable, parcial ou totalmente, por calquera xulgado, tribunal ou órgano administrativo competente, a dita nulidade ou inaplicación non afectará ao resto das condicións contidas no Portal.

O non exercicio ou execución, por parte de CAPSA, de calquera dereito ou disposición contido nestas condicións non constituirá renuncia a el, agás recoñecemento e acordo escrito pola súa parte.

Lei Aplicable e Xurisdición

Todas as cláusulas inseridas no presente texto de Aviso Legal se rexen pola normativa española. Todo conflito, controversia ou situación derivada das presentes condicións será sometido aos xulgados e tribunais de Oviedo (Asturias), renunciando expresamente as partes a calquera outro foro que puider corresponderlles.

© 2019. CAPSA. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS