Dous novos iogures con Leite de Pastoreo Larsa pensados para coidarte: Iogur desnatado con Melón e Iogur desnatado con Framboesa

En Larsa encántanos superarnos día tras día e estamos decididos a seguir facendo crecer a familia de iogures galegos máis ampla do mercado, os únicos elaborados con Leite de Pastoreo. Así que che presentamos dous novos sabores na gama de Desnatados: Iogur desnatado con Melón e Iogur desnatado con Framboesa, ideais para a tempada de entretempo que o mesmo trae un día de xeada e sol radiante que outro de nubes e claros.
E como sabemos o que che gusta coidarte, son dúas propostas do máis saudable: elaborados con Leite de Pastoreo desnatado, con 0% materia graxa. E con menos de 60 calorías en cada vasiño. Unha sobremesa ou unha merenda perfectos porque conteñen o 20% do calcio que precisa de media un adulto cada día. Unha lambiscada coa que manterás eses bos propósitos cos que empezaches o novo curso. A que esperas para probalos e dicirnos cal che gusta máis?


Melón madurado ao sol e polpa de saborosa framboesa

O Iogur desnatado con Melón é unha combinación perfecta do sabor lixeiramente acedo do iogur co doce do melón tenro, madurado ao sol do verán... Mmmmm Ideal para que goces do melón máis saboroso todo o ano!
E se o teu son os froitos vermellos; se xa es fan do Iogur Larsa con Froitos do Bosque, agarda a probar o noso Iogur desnatado con Framboesa. Deliciosa polpa de framboesa co sabedor Iogur Larsa de sempre. Non vas quedar indiferente!


O complemento ideal para coidar a túa dieta

E por que están tan bos? Porque todos os iogures Larsa están elaborados con Leite de Pastoreo, de vacas que se alimentan de pasto, o que lles dá un sabor e unha textura únicos. Pero ademais, os nosos novos iogures desnatados conteñen un 15% de preparado de froita de verdade. 11,2 gramos de melón ou de framboesa en cada vaso. Por iso teñen ese sabor a xenuína froita e a iogur de toda a vida. Todo o sabor, nada de graxa, menos de 60 calorías pero con todo o calcio do iogur de sempre: 162 miligramos, un 20% do calcio preciso nunha dieta saudable.
Inclúeos no teu día a día, como almorzo sobremesa ou merenda e adoza o teu día sen deixar de coidarte. Como saberás, os lácteos son fundamentais para a alimentación de toda a familia, pero os iogures desnatados ademais están recomendados en réximes de perda de peso polo seu efecto saciador. E se enriba, teñen o sabor de Larsa, non deixarás de gozar en cada momento. Porque en Larsa levamos moito tempo facendo iogures e non o dicimos nós: Cada vez son máis os #Larseiros que din que facemos os mellores iogures do mundo.


Iogures Larsa: Unha familia de 35 membros e 55 anos de historia

Os desnatados de Melón e de Framboesa fan os números 34 e 35 da nosa gama de iogures, unha familia que naceu hai agora 55 anos. Tradicionais, de sabores, con froitas, desnatados, con bífidus, sen lactosa, peregrinos, de sobremesa… Desde 1964 elaborando iogures! E como sempre nos saíron tan ben e gustáronvos tanto, mantivemos igual a receita.
Porque seguimos facendo aquel primeiro Iogur Tradicional sabor Natural do mesmo xeito, elaborado con Leite de Pastoreo e 100% galego. Leite de vacas que pacen ao aire libre e aliméntanse ao seu ritmo, como é tradicional en Galicia. Ese é o noso maior segredo, ese leite de vacas felices, único en sabor e cremosidade, leite que deixa bigote e mancha o vaso porque ten o corpo e a textura do leite de sempre. Leite de Pastoreo de Galicia!

pastoreo Larsa