San Simón Afumado. Coñece a historia do queixo máis antigo de Galicia.

O noso San Simón Afumado, o queixo más antigo de Galicia

O Queixo San Simón Afumado en taco de Larsa é fillo dunha tradición milenaria e leva case dous séculos conquistando padais máis aló dos Ancares. E iso que é un deses praceres culinarios que cremos máis descoñecidos fóra de Galicia. Pero a historia aválao como o máis antigo dos queixos galegos. E que guste tanto máis aló das nosas fronteiras… Que podemos dicir? Non nos sorprende nada!

O San Simón considérase o queixo máis antigo de Galicia porque aínda que a primeira alusión textual a un queixo galego é á Tetilla (1753), existen referencias que sitúan a orixe do San Simón nos pobos que viviron nos castros das serras da Carba e O Xistral, no Norte de Lugo. 

No século II antes de Cristo o historiador grego Polibio (200 a.  C.-118 a. C.), primeiro autor dunha Historia Universal, documentou a importancia da gandería no Noroeste de España. O queixo, segundo a súa enciclopedia, era un produto que se elaboraba de xeito artesanal e doméstico cos excedentes do leite. Se é que cando dicimos que Larsa é sinónimo de compromiso coa orixe e coa tradición de Galicia… É por algo! 

San Simón afumado con bidueiro… Desde cando?

Así que a nós tamén nos parece moi probable que os poboadores dos castros das serras que separan a comarca de Terra Chá da costa lucense xa elaborasen queixos San Simón. Outra cousa é que a receita fose exactamente igual á que se popularizou no século  XIX, sobre todo no proceso de afumado. 

O afumado da receita tradicional do San Simón realízase con madeira de bidueiro. E segundo o prestixioso veterinario Rof  Codina, iso débese a que na zona de Vilalba usábanse para ese afumado as labras sobrantes da fabricación artesanal, e tamén doméstica, das zocas. E a verdade é que é ben sabido que en Galicia existe unha singular cultura da reciclaxe que seguro ten tamén unha longa tradición histórica.

Moeda de pago de  diezmos

Hai mesmo quen sostén que na época romana este queixo era enviado a Roma polas súas especiais características de sabor e duración. Tamén, que durante séculos foi costume pagar con queixos os diezmos aos señores feudais e á igrexa. 

Na Idade Media, a elaboración de queixos estivo restrinxida en toda Europa aos monxes. Pero os asentados en Galicia non deberon aprender a receita do San Simón. Ou polo menos, non nos deixaron testemuño del. Os estudosos dan por bo que as receitas de queixo de elaboración artesanal, como a do San Simón, mantivéronse en familia, de xeración en xeración. E que esa é a explicación de que sobrevivisen ata hoxe. 

San Simón, á conquista de Madrid

Así que a primeira referencia documental é de 1857, cando se celebrou en Madrid unha exposición estatal á que os empresarios lucenses acudiron con 40 alimentos diferentes. E entre eles, como non, estaba o noso Queixo San Simón. Así deu conta diso o xornal A Aurora do Miño

E como todo bo produto galego, pronto ampliou fronteiras. O afumado galego cruzou o charco como expoñente dos queixos galegos elaborados no concello de Vilalba e presentados na Exposición de Chicago de 1892. Quen contaba!

Pero o primeiro embaixador de marca do San Simón foi o rei Alfonso XIII, que quedou  prendado del cando visitou a Exposición de Industrias Lácteas de Madrid en 1913. Tanto lle gustou o seu aspecto que pediu coñecer toda clase de detalles sobre a fabricación do queixo vilalbés. 

Madrid, rendida de novo ao sabor do afumado

É que o noso San Simón ademais de estar boísimo é ben feitiño. Juan Rof  Codina dedicoulle un bo artigo no Faro Vilalbés á conquista do mercado madrileño durante o terceiro Concurso Nacional de Ganados de Madrid, celebrada neses primeiros anos do século pasado. 

Houbo ata un distribuidor que solicitou un envío mensual de 1.000 quilos! Lamentablemente, a produción artesanal non daba para satisfacer semellante encargo. O Afumado San Simón sempre foi un produto moi apreciado e chegou a empregarse incluso para pagar bautizos!

Larsa, Pastoreo de Galicia

Así que, xa ves, en Larsa tiñamos claro que compría facer unha homenaxe á historia desta delicia que é o San Simón Afumado e presentar os nosos novos Queixos Galegos en taco no primeiro mercado non galego que soubo apreciar o seu sabor. 

E como en Larsa sempre entendemos que as cousas ben feitas é mellor non cambialas, mantemos as receitas tradicionais dos nosos produtos. E a forma de producilos!  Así elaboramos os nosos queixos con Leite de Pastoreo certificado, de vacas que pastan en liberdade, coma sempre se fixo en Galicia. Leite 100% galego, con todo o sabor do Pastoreo de Galicia.

918