
Dobre estrea: Tenda Larseira e Snacks Crocantes 100% Queixo Semicurado
En Larsa gústanos festexar dobre, así que ademais de estrear nova Tenda Larseira, lanzamos un novo produto: Snack Crocante 100% Queixo Semicurado.
En Larsa continuamos estendendo o noso catálogo mantendo os nosos valores de calidade, sabor, innovación e, como non, toda a nosa esencia baseada na mellor materia prima, o Leite de Larsa e 100% galego.
Aquí poderás consultar todas as nosas novidades e promocións.
En Larsa gústanos festexar dobre, así que ademais de estrear nova Tenda Larseira, lanzamos un novo produto: Snack Crocante 100% Queixo Semicurado.
En Larsa gústanos festexar o Nadal preto dos nosos Larseiros: na neveira, na mesa, nas túas receitas estrela… Este ano, ademáis de estar presentes na túa cociña, queremos facernos un oco na túa árbore de Nadal. Crea a túa campá Larseira e entra no sorteo de 3 cestas do Nadal!
Ampliamos a Queixería Larsa con dúas novas Cremas de Queixo, as primeiras do mercado elaboradas con Leite de Pastoreo 100% Certificado, un modelo asentado na tradición de Galicia, que non só coida das vacas, senón que tamén vela pola saúde dos consumidores e do medio ambiente.
Larsa celebraba, neste 2022, ‘Rutas de Pastoreo’. Unha dinámica que quería reivindicar o territorio galego, festexando, admirando e descubrindo a beleza dos pastos e campos repartidos ao redor da nosa terra.
Queremos que te coides. E queremos poñercho fácil. Por iso, xeramos un cupón de desconto no noso novo Leite de Pastoreo Larsa Premium. Un produto que contén o 50% da vitamina D, 50% do calcio e 25% da proteína que necesitas cada día. Sen alterar o seu sabor nin as súas propiedades naturais! Goza de 0,20 céntimos do 16 de maio ao 31 de maio. *Ata 6 unidades.
Tres novos iogures pensados para coidar de ti e dos teus, co sabor e textura que caracteriza aos produtos Larsa. Queres coñecelos?
Comeza a época do ano na que decoramos de Nadal os nosos fogares, e en Larsa non queremos ser menos. Os nosos envases de Nadal son moi fermosos.
Non hai nada mellor que facer o Camiño de Santiago e poder gozar da beleza de Galicia: O verde dos Pastos, o azul das nosas costas, a diversidade, a xente... E por suposto, tamén as nosas vacas pastando. Xa sabes que elas tamén forman parte do Camiño. Benvidos ás Paisaxes de Pastoreo no Camiño!