Novas Cremas de Queixo Larsa
Ampliamos a Queixería Larsa con dúas novas Cremas de Queixo, as primeiras do mercado elaboradas con Leite de Pastoreo 100% Certificado, un modelo asentado na tradición de Galicia, que non só coida das vacas, senón que tamén vela pola saúde dos consumidores e do medio ambiente.
As nosas Cremas de Queixo son o resultado de fundir dous dos nosos queixos máis emblemáticos; Queixo Barra Larsa e Queixo San Simón Afumado. Desta maneira, conseguimos dúas Cremas de Queixo co sabor e receita de sempre, pero cunha nova forma e textura, aínda máis cremosa!
Deliciosas e fáciles de usar, as novas Cremas de Queixo Larsa converteranse no ingrediente estrela das túas torradas, sándwichs e ceas con amigos. Tamén son ideais para a elaboración de salsas ou receitas doces!
Sexa como sexa, cremos que se farán un oco nas cociñas dos nosos Larseiros moi rapidamente. Vai ao teu supermercado máis próximo e goza das primeiras Cremas de Queixo elaboradas con Leite de Pastoreo 100% Galego!
Podes atopalas en supermercados Gadis, Eroski ou Familia. ;)