Recicla o teu vasiño de Iogur Larsa e gaña 1 cesta do Nadal!
En Larsa gústanos festexar o Nadal preto dos nosos Larseiros: na neveira, na mesa, nas túas receitas estrela… Este ano, ademáis de estar presentes na túa cociña, queremos facernos un oco na túa árbore de Nadal.
Crea a túa campá Larseira e entra no sorteo de 3 cestas do Nadal!
Un adorno cunha segunda vida que che axudará a practicar a sostibilidade cos máis pequenos da casa. 😉 Sigue lendo para saber como podes participar!
1. Rexístrate.
Sigue a Larsa en Instagram e cubre o formulario desta web. Unha vez cuberto, enviarémosche por email a guía para facer a túa campá Larseira paso a paso!
2. Crea a túa campá.
Sigue os pasos da guía para elaborar a túa campá, cólgaa da árbore e tíralle unha foto.
3. Ensínalla ao mundo!
Sube a foto as túas historias de Instagram, nomea a @leite_larsa e engade o hashtag #AquíFacémoloAsí.
4. Xa estás dentro!
Se seguiches todos os pasos, xa estás máis preto de gañar unha das 3 cestas do Nadal.
Ademáis, a Cesta do Nadal Larsa está chea de produtos que che encantarán! Queres saber que inclúe?
- Paleta Reserva Duroc (Torre de Núñez).
- 1 suadoiro + 1 camiseta do Nadal.
- 1 Queixo Galego con D.O. Arzúa-Ulloa.
- 1 Queixo Galego con D.O. Tetilla.
- 1 Queixo San Simón afumado en taco.
- 2 Queixos Lonchas Clásico.
- 1 Crema de Queixo Barra + 1 Crema de Queixo San Simón.
- 1 L de Leite de Pastoreo Enteiro + 1L de Leite de Pastoreo Semidesnatado + 1L de Leite de Pastoreo Desnatado.
- 2 Iogures Sobremesa sabor licor café + 2 Iogures Sobremesa mazá ao forno + 2 Iogures Cremosísimo Natural + 2 Iogures Cremosísimo Limón + 2 Iogures Cremosísimo Amorodo.
Sigue os 4 pasos, crea a túa campá en familia e compártea co mundo! Queremos ver a túa gran obra de arte en Instagram!