Iogur Bífidus con Figos

O iogur con bífidus preferido polos máis larpeiros

Os iogures con figo e bífidus de Larsa son unha deliciosa combinación de froita e lácteos que os fai ideais para as merendas. Goza da cremosidade do iogur elaborado con Leite de Pastoreo combinado con anaquiños de figos que che axudan a coidarte día a día.

  • Valor Enerxético:439KJ (104Kcal)
  • Grasas:3,3g
    • do cal
    • Saturadas: 2,2g
  • Hidratos de carbono:14,9g
    • do cal
    • Azucres: 14,6g
  • Proteinas:3,7g
  • Sal:0,1g
  • Calcio:120mg (15% VRN)
Leite, preparado de Figos: 15% (figos: 40%, xarope de glucosa e fructosa, almidón modificado, aroma de figo, extracto vexetal, correctores de acidez: ácido cítrico e citrato trisódico, conservador: sorbato potásico), azucre, leite en polvo desnatado, proteínas do leite, fermentos lácticos (leite), bifidobacterias

Iogur Bífidus con Figos

Un iogur moi completo

Os nosos iogures con figo e bífidus con Leite de Pastoreo son unha combinación perfecta entre froita e lácteos coa que desfrutarás dunha deliciosa e enerxética merenda. Ademais, a fibra e o bífidus engadido axudaranche a coidar a túa flora intestinal sen te dares de conta.

Un contido extra de fibra

Os figos teñen un alto contido en fibra e, ademais, son unha fonte importante de minerais e vitaminas. Grazas aos azucres e á fibra presentes de forma natural nesta froita, os iogures con figo de Larsa teñen un importante efecto saciante e proporciónanche toda a enerxía que precisas no día a día.

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros. Si sigue navegando por la página, significa que está de acuerdo y acepta nuestra Política de cookies.