Iogur desnatado con Kiwi

Unha forma sa e natural de te coidar sen renunciar á cremosidade do mellor iogur de Larsa

O Iogur Desnatado con Kiwi está elaborado con Leite de Pastoreo, o que contribúe a manter o mellor sabor dos nosos iogures de sempre. O sabor tradicional e a textura típica do Leite de Pastoreo consérvanse neste iogur con kiwi, pero agora con menos calorías para que coidarte sexa moito máis fácil

  • Valor Enerxético:158KJ (37Kcal)
  • Grasas:0,1g
    • do cal
    • Saturadas: 0,1g
  • Hidratos de carbono:5,0g
    • do cal
    • Azucres: 4,7g
  • Proteinas:4,0g
  • Sal:0,1g
  • Calcio:120mg (15% VRN)
Leite desnatado, preparado de Kiwi: 15% (kiwi: 60%, almidón modificado, aroma de kiwi, estabilizantes: goma guar e pectina, corrector de acidez: citrato tripotásico, conservador: sorbato potásico, colorantes: clorofilinas y luteína), leite en polvo desnatado, proteínas do leche, edulcorante (sucralosa), fermentos lácticos (leite)

Iogur desnatado con Kiwi

O mellor iogur coa mellor froita

O noso Iogur Desnatado con Kiwi combina nun único produto todos os beneficios do iogur coas propiedades da froita para que coidar a túa liña sexa fácil e tamén delicioso. Próbao como complemento dos teus almorzos ou como merenda. Estamos seguros de que che encantará.

Unha dose extra de vitamina C

O Iogur Desnatado con Kiwi de Larsa axúdache a coidarte mentres gozas do sabor e a cremosidade do mellor iogur elaborado con Leite de Pastoreo. Ademais dos beneficios dos lácteos, tamén te beneficiarás das propiedades do kiwi, unha froita rica en antioxidantes e vitamina C.

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros. Si sigue navegando por la página, significa que está de acuerdo y acepta nuestra Política de cookies.