Iogur con Ananás

Un iogur cremoso con deliciosa polpa de ananás elaborado para che alegrar a vida

O Iogur con Ananás Larsa é unha deliciosa forma de aumentar o consumo de froita e cargarte coas vitaminas do ananás. Descubre todo o poder da froita nun iogur único, elaborado con Leite de Pastoreo Larsa. Ideal para un almorzo equilibrado, para a merenda ou para poñerlle un sabor fresco e tropical ao teu petisco de media mañá

  • Valor Enerxético:456KJ (108Kcal)
  • Grasas:3,3g
    • do cal
    • Saturadas: 2,2g
  • Hidratos de carbono:15,8g
    • do cal
    • Azucres: 15,6g
  • Proteinas:3,8g
  • Sal:0,1g
  • Calcio:120mg (15% VRN)
Leite, preparado de ananás: 15% (ananás: 55%, dextrosa, azucre, almidón modificado, estabilizante: pectina, aroma de ananás, correctores de acidez: citrato trisódico e ácido cítrico, conservador: sorbato potásico, colorante: beta caroteno), azucre, leite en polvo desnatado, proteínas do leite, fermentos lácticos (leite)

Iogur con Ananás

O mellor iogur co máis sabedeiro do ananás

O Iogur con Ananás Larsa é especialmente cremoso porque o elaboramos con Leite de Pastoreo, leite obtido das nosas vacas, que pacen en liberdade e se alimentan de forma totalmente natural, como sempre fixemos en Galicia. E cada vasiño de Iogur con Ananás contén un 8 % de polpa de froita, esencia tropical!

Riquísimo a calquera hora

Os iogures Larsa son dos produtos máis apreciados polos nosos incondicionais, polo seu sabor e por esa textura cremosa que os fai inimitables. Goza do Iogur con Ananás a calquera hora e agasállate cun momento de desconexión.

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros. Si sigue navegando por la página, significa que está de acuerdo y acepta nuestra Política de cookies.