Cremosísimo Limón

O noso Cremosísimo limón é o matrimonio perfecto entre unha mousse de limón e un iogur de Pastoreo Larsa. Fresco, cremoso e cun toque acedo e lixeiro.

Se es un apaixonado do limón e aínda non che rendiches á tentación dos Cremosísimos de Larsa, estás a tardar en probar este irresistible iogur, unha sobremesa láctea con toda a personalidade dos produtos Larsa, elaborados con Leite de Pastoreo Certificado e 100% galego, pero aínda máis cremoso.

  • Valores medios por 100grs
  • Valor Enerxético:429 KJ (103 Kcal)
  • Grasas:5,3 g
    • do cal
    • Saturadas: 3,5 g
  • Hidratos de carbono: 11,5 g
    • do cal
    • Azucres: 9,2 g
  • Proteinas:2,2 g
  • Sal: 0,1 g
Leite, preparado de limón: 17% (azucre, limón 25%, amidón modificado de millo, regulador de acidez: citrato trisódico, aroma, estabilizante: goma xantana), nata, amidón de arroz, amidón modificado de millo, fermentos lácticos (leite).

 Cremosísimo Limón

Simplemente irresistible a calquera hora

O noso Cremosísimo limón é ideal a calquera hora do día porque lembra a esas tortas de limón frías, pero coa textura de sempre do iogur Larsa. Unha receita que conseguimos cun lixeiro toque de nata que fará das túas sobremesas, merendas, almorzos ou petiscos a media mañá un momento especial, e á vez lixeiro, con só un 5,3% de Materia Graxa. Un vicio confesable que che custará esquecer.

Con todo o poder do limón e a textura perfecta

O limón tiña que estar no lanzamento da nosa nova gama de Cremosísimos Larsa, iogures cunha textura extra cremosa, e que neste vasiño concentran toda a frescura e o poder do limón (cun 17% de preparado de froita). O mellor da froita co iogur Larsa, o máis suave que xamais probaches. Descobre o novo Cremosísimo e ponte a proba: A ver canto dura no teu frigo!