Iogur de Violeta

En Larsa facemos que a primavera dure todo o ano grazas ao Iogur de Violeta.

O aroma da Violeta, a súa cor, o seu sabor… Todo no seu conxunto lémbranos que remata o inverno e que, grazas a Larsa, agora poderemos celebrar a primavera todo o ano. A inconfundible calidade do iogur máis tradicional de Larsa co sabor tan característico da Violeta que, como resultado, dá lugar a un iogur moi moi especial.

  • Valores medios por 100grs
  • Valor Enerxético:337 kJ / 80 kcal
  • Grasas:2,3 g
    • do cal
    • Saturadas: 1,6 g
  • Hidratos de carbono:11,2 g
    • do cal
    • Azucres: 11,2 g
  • Proteinas:3,7 g
  • Sal:0,1 g
  • Calcio:120 mg
Leite parcialmente desnatado, azucre, leite en po desnatado, aroma, colorante (concentrado de zume de uva) e fermentos láctico (leite).

Iogur de Violeta

Clima atlántico… Agora en todas partes

Autóctona do clima atlántico, a violeta florece en moitos dos prados de forma natural e as nosas vacas non poden estar máis felices. E agora, grazas aos novos sabores de Flores dos Pastos de Larsa, podemos gozar do norte e do seu encanto… En todas partes!

Almorzo, sobremesa ou merenda?

Non hai unha resposta correcta para o momento de consumo dun Iogur Larsa, e menos aínda para o sabor Violeta que podes saborear tanto pola mañá nun delicioso almorzo con Leite Larsa, como colofón dunha comida agradable ou como a merenda máis fresquiña e saborosa.