Iogur do Peregrino

Iogures do peregrino con Leite de Pastoreo

Os nosos iogures do peregrino son unha homenaxe a todas aquelas persoas que saben que o destino dunha viaxe é importante, pero aprecian tamén cada paso do camiño a percorrer. Descubre as nosas dúas apostas inspiradas nos peregrinos do Camiño de Santiago: iogur do peregrino con castañas e iogur do peregrino con sabor a torta de améndoa. Dous sabores moi da terra que lembran os camiños galegos, os paseos polas nosas fragas e o espírito do Camiño. A que esperas para probalos?

As vacas de pastoreo, o segredo do peregrino

As nosas vacas teñen máis espazo para pastar que os xogadores dun partido de fútbol para desenvolver as súas xogadas. Como pode ser? Porque en Larsa practicamos o pastoreo, e cada hectárea de terreo é compartida por unha media de 2,5 vacas. Sabémolo: é un número curioso, pero esas son as esixencias de SGS S.A. para certificar que o noso leite é 100 % de pastoreo. Ademais, a herba que pastan ten que ter un mínimo de 5 centímetros de alto. Coidamos todos os detalles para asegurarmos o seu benestar.

Se percorres o camiño do peregrino polas verdes paisaxes de Galicia seguro que atopas as nosas afortunadas vacas a pacer felices. Recorda que co leite que elas producen é co que se preparan os iogures do peregrino Larsa. Agora xa coñeces o segredo mellor gardado do peregrino.

Perfectos para recobrar forzas

Os iogures do peregrino son perfectos para tomalos a media mañá, á merenda ou despois de dar un longo paseo pola natureza. Os seus sabores intensos han axudarche a recobrar as forzas que precisas para afrontares todos os retos que se interpoñan no teu camiño. As castañas e as améndoas son unha gran fonte de enerxía. Precisamente, o que che cómpre para ires a por todas. O seu sabor intenso e a súa textura cremosa han conquistarte. Próbaos e asegurámosche que se van converter na túa sobremesa ou aperitivo preferido.

As castañas forman parte da nosa cultura e gastronomía. Pasear polo monte e apañar estes froitos liberándoos do seu punxente ourizo forma parte dos recordos de moitos de nós. Son parte dos nosos camiños. Do mesmo xeito, a torta de améndoas ou torta do camiño está ligada á historia do Camiño de Santiago dende o século XVI. En Larsa quixémoslles render homenaxe a estes dous produtos e darlles forma de iogur. Esperamos que desfrutes deles!

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros. Si sigue navegando por la página, significa que está de acuerdo y acepta nuestra Política de cookies.