Iogur sobremesa sabor Queimada
Un iogur con todo o sabor e a intensidade da festa a carón do lume, pero suave e inocente coma o Leite de Pastoreo
Despois da Sobremesa de Licor Café tiñamos que honrar outro sabor igualmente xenuíno de Galicia. Así naceu a Sobremesa de Queimada con Leite de Pastoreo: un iogur suave e cremoso como o Leite de Pastoreo, pero con todo o aroma e a personalidade da nosa bebida máis ritual
- Valor Enerxético:399KJ (95Kcal)
- Grasas:3,1g
-
- do cal
- Saturadas: 2,1g
- Hidratos de carbono:13,0g
-
- do cal
- Azucres: 12,1g
- Proteinas:3,7g
- Sal:0,1g
- Calcio:120mg (15% VRN)

Digna de conxuro pero sen alcol
A Sobremesa de Queimada é perfecta para ese momento de desconexión logo dun día longo. Saborea a nosa Sobremesa de Queimada e transpórtate a esas festas a carón do lume. E se sabes o conxuro, por que non expeler os malos agoiros removéndoa coa culler?
Xenuinamente galega, como as vacas nos prados
Como apaixonados do leite e os seus derivados que somos, a nosa homenaxe a unha boa queimada só podía ser coa nosa mellor materia prima: o Leite de Pastoreo. Porque Larsa é a primeira marca de Leite de Pastoreo certificada; un leite de vacas que pastan libres e 100 % galego, como a queimada.