Iogur sobremesa Tarta de limón
Unha torta feita iogur para que a saborees cando queiras; unha sobremesa con leite de vacas felices
A Sobremesa Torta de Limón con Leite de Pastoreo Larsa é a sublimación do noso iogur de limón; unha das tortas máis xenuinamente nosas, feita iogur para que celebres calquera momento do día cun doce con só abrires a túa neveira
- Valor Enerxético:462KJ (110Kcal)
- Grasas:3,3g
-
- do cal
- Saturadas: 2,2g
- Hidratos de carbono:16,3g
-
- do cal
- Azucres: 15,7g
- Proteinas:3,7g
- Sal:0.1g
- Calcio:120

Innovación co leite de sempre
As nosas Sobremesas son unha homenaxe aos sabores de sempre, agora presentados en novos formatos. A Sobremesa Torta de Limón é unha máis, elaborada con Leite de Pastoreo, de vacas que pastan libres nos prados, como se fixo sempre en Galicia.
Unha sobremesa para comer acotío
En Larsa levamos a innovación aos nosos produtos máis queridos facendo dos nosos iogures algo máis; unha lambetada como a de sabor a torta de limón coa que resolver a sobremesa rapidamente ou entregarte ao pracer de desfrutar a calquera hora.