Leite de Pastoreo Máis

Leite de Pastoreo Larsa Máis

En Larsa sempre innovamos para darche máis; máis produtos e máis sabor; o sabor tradicional do Pastoreo, e agora tamén máis nutrientes. Así é o noso Leite Larsa Máis, o único Leite de Pastoreo rico en calcio, proteína e vitamina D que atoparás no teu supermercado. Leite de vacas que pastan en liberdade, pero con máis nutrientes que o leite tradicional. Un reforzo para os teus ósos e músculos! 

Larsa Máis é un leite pensado para persoas ás que lles gusta coidarse sen renunciar ao sabor único dos produtos de Pastoreo Larsa. Un vaso de  Larsa Máis contén o 100% da vitamina D, un 50% do calcio e o 25% da proteína que precisas cada día, pero incorporámolos nun proceso de ultrafiltrado sen alterar o seu sabor nin as propiedades naturais do noso leite 100% galego.

Leite de Pastoreo Larsa Máis

O Leite de Pastoreo Larsa Máis enteiro ten un sabor extraordinario a leite de toda a vida, pero ademais axúdache a coidar da saúde dos teus ósos e músculos. Aínda non o probaches?