Leite de Pastoreo Larsa Máis

O Leite de Pastoreo Larsa Máis enteiro ten un sabor extraordinario a leite de toda a vida, pero ademais axúdache a coidar da saúde dos teus ósos e músculos. Aínda non o probaches?

Con cada vaso de Leite Larsa Máis enteiro, cubrirás o 100% das túas necesidades diarias de vitamina D, o 50% das de calcio e o 25% das proteínas diarias recomendadas para unha persoa adulta. O mellor reforzo para os teus ósos e músculos e é saborosísimo porque é de Pastoreo!

  • Valores medios por ración: 100ml
  • Valor Enerxético:737,5 KJ (175 Kcal)
  • Grasas: 9 g
    • do cal
    • Saturadas: 6 g
  • Hidratos de carbono:11,5 g
    • do cal
    • Azucres: 11,5 g
  • Proteinas:12,25 g
  • Sal:0,5 g
  • Calcio:400 mg (50% VRN)
Leite enteiro ultrafiltrado, vitamina D

Leite de Pastoreo Larsa Máis

Ultrafiltrado: Leite máis nutritivo

Larsa Máis enteiro é un leite con máis nutrientes que o leite tradicional Larsa de Pastoreo pero conserva as propiedades e o sabor do Leite de Pastoreo. Tras recollelo nas gandarías de Pastoreo distribuídas por toda Galicia, sometémolo a un proceso de ultrafiltrado para reter o calcio e a proteína naturais do leite e elevar así a concentración destes nutrientes. Só engadimos vitamina D para ofrecerche o mellor leite do mercado porque é o único de Pastoreo con máis calcio, máis proteína e máis vitamina D. O reforzo para os teus ósos e músculos que precisas.

Larsa Máis para coidarte mellor

Larsa Máis está pensado para esas persoas que se preocupan pola súa nutrición, por consumir alimentos saudables que lles acheguen os nutrientes que o seu organismo precisa. Un só vaso contén 2 microgramos de vitamina D, o 100% da cantidade recomendada a unha persoa adulta; 400 miligramos de calcio, a metade do que é necesario inxerir ao día para asegurarse uns ósos e dentes sans e o 25% da inxesta de proteínas recomendadas na dieta dunha persoa adulta. Por iso é Larsa Máis, porque ao sabor e a textura cremosa do noso Leite de Pastoreo certificado e con selo Galicia Calidade engadimos o necesario para coidarche mellor.