Leite de Pastoreo Larsa Premium

Unha viaxe ou experiencia “premium”, un usuario “premium” e, como non podía ser doutra maneira… Un produto Premium para os nosos Larseiros!

Goza e saborea o noso novo Leite de Pastoreo Larsa Premium: o único leite de Pastoreo rico en calcio, proteína e vitamina D que atoparás no supermercado. Leite de vacas que pastan en liberdade, pero con máis nutrientes que o leite tradicional. Os teus ósos e músculos serán máis “premium” que nunca!

Larsa Premium está pensado para persoas que queren coidarse sen renunciar ao sabor único dos produtos de Pastoreo Larsa. Un vaso de Larsa Premium contén o 50% da vitamina D, 50% do calcio e 25% da proteína que precisas cada día, pero incorporámolos nun proceso de ultrafiltrado sen alterar o seu sabor nin as propiedades naturais do noso leite 100% galego, 100% Pastoreo.

Leite de Pastoreo Larsa Premium

O Leite de Pastoreo Larsa Premium Semidesnatado ten un sabor extraordinario ao leite de toda a vida, pero ademais axuda a coidar da saúde dos teus ósos e músculos. Aínda non o probaches?