Leite de Pastoreo Larsa Premium
O Leite de Pastoreo Larsa Premium Semidesnatado ten un sabor extraordinario ao leite de toda a vida, pero ademais axuda a coidar da saúde dos teus ósos e músculos. Aínda non o probaches?
Cada vaso de Leite Larsa Premium Semidesnatado, cobre o 50% das túas necesidades diarias de vitamina D e calcio, ademais do 25% das proteínas diarias recomendadas para unha persoa adulta. O reforzo Premium para os teus ósos e músculos, sen renunciar ao sabor do auténtico Pastoreo Larsa!
- Valores medios por ración: 100ml
- Valor Enerxético:552,5 KJ (130 Kcal)
- Grasas:4 g
-
- do cal
- Saturadas: 2,75 g
- Hidratos de carbono:11,5 g
-
- do cal
- Azucres: 11,5 g
- Proteinas:12,25 g
- Sal:0,5 g
- Calcio:400 mg (50% VRN)

Ultrafiltrado: Leite enriquecido de forma natural
Larsa Premium semidesnatado é un leite con máis nutrientes que o leite tradicional Larsa de Pastoreo sen renunciar ás propiedades e ao sabor do Leite de Pastoreo. Tras recollelo nas ganderías de Pastoreo distribuídas por toda Galicia, sometémolo a un proceso de ultrafiltrado para reter o calcio e a proteína naturais do leite e elevar así a concentración destes nutrientes. Cun extra de vitamina D para ofrecer o mellor leite premium do mercado porque é o único de Pastoreo con máis calcio, máis proteína e máis vitamina D.
Un coidado premium
Larsa Premium está pensado para esas persoas que queren coidar a súa nutrición, consumir alimentos saudables que acheguen os nutrientes que o seu organismo precisa. Un só vaso contén o 50% da cantidade recomendada de vitamina D para unha persoa adulta; 400 miligramos de calcio, a metade do que é necesario inxerir ao día para asegurarse uns ósos e dentes sans e o 25% da inxesta de proteínas recomendadas na dieta dunha persoa adulta. Por iso é Larsa Premium, porque ao sabor e a textura cremosa do noso Leite de Pastoreo certificado e con selo Galicia Calidade engadimos o necesario para coidar de ti moito mellor.