Para 4 persoas
Para asegurarte de lavar ben as follas de espinaca, cobre a metade do lavadoiro da cociña de auga, mergúllaas dentro e déixaas en remollo uns minutos.
Deita as espinacas nun escurridor ou retíralles a auga cun centrifugador de leituga se o tes, pero faino suavemente e en 2 veces, sen esmagalas, ou sairán non só mareadas senón chafadas. ;)
Coloca as follas enteiras na ensaladeira facendo unha cama e salga lixeiramente. Imos co resto dos ingredientes.
Corta o aguacate á metade; cada metade en láminas finas e reserva. Pica a cebola en cuarteiróns igualmente finos. Para saborear mellor o Queixo San Simón Afumado en taco Larsa, párteo en dados.
Une todos os ingredientes partidos antes de distribuílos sobre a cama de espinacas.
Xa estamos rematando, só nos queda a vinagreta. Nun cunco pequeno pero de boca ancha, verte o vinagre, un chisco de sal e a pementa e remove cun batedor de varas.
Engade o aceite nun fío fino e constante sen deixar de remover co batedor para emulsionar ben a vinagreta. Botáa sobre a ensalada e listo. Que tal? Podes contestarnos subindo a túa foto a Instagram.