Patacas con Queixo de Tetilla

Como entrante ou cea, sempre perfecto para toda a familia

Notas de interese / Consellos

Se non tes manteiga de porco ou prefires non utilizala, pódela substituír por Manteiga Tradicional Larsa.

Alérxenos

Lactosa, ovos
larsa img

Ingredientes

Elaboracion

Presentámosche aquí un prato de fácil preparación, ideal como entrante ou como prato principal que lles gusta a todos os membros da familia e, especialmente, aos nenos. Esta preparación combina algúns dos ingredientes fundamentais na gastronomía popular galega, como as patacas e o Queixo Tetilla, o máis internacional dos nosos queixos, icónico pola súa forma e sabor e sempre delicioso: en cru, maridado con doce ou con salgado ou combinado en calquera prato. Sigue os pasos e non te arrepentirás:

Pela as patacas, córtaas en rodas dun dedo de grosor e cóceas en auga con sal durante uns 10-12 minutos.

Escórreas e déixaas arrefriar un pouco mentres preparas e engraxas a fonte arredondada na que vas elaborar o teu prato.

Corta o Queixo Tetilla Larsa en anacos ou rodas do mesmo grosor que as patacas

A continuación, cubre o fondo da fonte coas rodas de pataca

Agora cubre as patacas cunha capa de queixo

Repite a operación con outras dúas capas, unha de patacas e outra de queixo

Bate os ovos nunha cunca e engade o leite a continuación sen deixar de remover

Engádelle sal e pementa á mestura e vértea sobre as capas de pataca e queixo

Quenta o forno durante 10 minutos e introduce a fonte na parte media

Déixao cociñar a uns 180 graos durante 30 minutos

Saca a fonte do forno e esparexe o ourego por riba inmediatamente antes de servir. Bo proveito! Por fin chegou a hora de comer!

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros. Si sigue navegando por la página, significa que está de acuerdo y acepta nuestra Política de cookies.