Usa unha fonte redonda apta para forno de polo menos 30 centímetros de diámetro. As de barro son ideais para esta receita porque manteñen mellor a calor ata o momento de servir.
Pela as patacas xa frías e córtaas en toros do mesmo ancho que o teu dedo índice. Colócaas sobre a base da fonte formando un círculo, coma se debuxaras unha flor.
Corta coas tesouras o polbo por riba das patacas e cobre con el toda a primeira capa.
Bota o sal gordo ao polbo e ás patacas e verte un bo chorro de aceite de oliva. O proceso é moi similar a cando preparas o Polbo á Feira.
Cobre o polbo con liscos abondosos de Queixo San Simón Afumado Larsa en taco.
Cobre o polbo con láminas Co forno prequentado a 200 graos durante 10 minutos, introduce a fonte e enforna 5 minutos a 180 graos.
Saca a fonte do forno e empoeira o pemento sobre o queixo derretido.
Serve inmediatamente. Un dos grandes segredos deste prato é gozalo ben quente. Bo proveito!