Receita de Larpeira: A sobremesa ou merenda por excelencia en Galicia

O sabor por excelencia, agora con produtos Larsa

Notas de interese / Consellos

Este biscoito con crema de pastelaría e almibre é a sobremesa estrela de todas as reunións con familia e amigos. Agora, cos produtos Larsa, podes facela na casa para gozar do sabor máis tradicional. Se cando comeces a ler a elaboración (amasar, levedar...) paréceche unha receita complicada, tranquilo… Asegurámosche que é moi sinxela e o resultado non pode ser máis delicioso!

Alérxenos

Lactosa, glute, ovo
larsa img

Ingredientes

Para facer a masa: 

Para a crema de pastelaría: 

Decoración: 

  • 50  g azucre
  • 1 cullerada de anís
  • 1 ovo

Para o almibre: 

  • 50  ml auga
  • 50  g azucre
  • 50  g anís

Empezamos pola preparación da masa: Quentamos o leite nun cazo e, cando estea morno, engadimos o fermento e reservamos. Mesturamos os ingredientes sólidos e líquidos por separado e, cando os teñamos integrados, unímolos nun mesmo bol e amasamos coas mans.

Seguimos amasando durante polo menos 15 minutos e, se fosa necesario un pouco máis de fariña, engadimos. Preparamos unha bandexa de forno e dámoslle forma á nosa masa (esmagada e redondeada, como son as larpeiras). Deixamos repousar a masa dentro do forno (apagado e pechado) polo menos 2 horas, ata que levede e dobre o seu tamaño.

Mentres a nosa masa fermenta no forno, preparamos a crema de pastelaría. Vertemos nunha cunca 50 ml de leite, diluímos a fécula de millo e reservamos. Noutro bol mesturamos o azucre e os ovos, batemos e reservamos esta mestura. O resto do leite quentámolo nun cazo coa pel do limón e a canela ata que comece a ferver.

Cando rompa a ferver retiramos do lume e engadimos a mestura de ovo e azucre. Poñemos de novo ao lume e engadimos o leite coa fécula de millo. Removemos esa mestura ata que volva ferver, retiramos do lume e depositámola nun bol. Reservamos.

Chegou o momento da montaxe! Collemos a masa (que dobraría o seu tamaño) e cun coitelo facemos pequenos rombos. Coa axuda dun pincel (de cociña, larseiro, ollo con isto ;-) ) pintamos con ovo batido a superficie do noso bolo.

Introducimos a crema nunha manga de pastelaría para ir “enchendo” esas liñas que previamente fixemos co coitelo. Nunha cunca mesturamos azucre con anís e o vertemos nos ocos dos rombos.

Momento forno! Prequentamos a 180º con calor arriba e abaixo e colocamos a nosa larpeira na parte central durante 20-25 minutos. Cando leve uns 10-15 minutos no forno, tapamos a superficie con papel de aluminio para que non se queime.

Pensabas que iso era todo? Non! Queda o almibre, así que o prepararemos mentres se enforna a nosa larpeira. Quentamos nun cazo a auga, anís e azucre e deixamos que a mestura reduza e tome a textura do almibre. É sinxelo, como ves, pero temos que evitar que se queime. Removemos durante uns 10 minutos e retiramos.

A nosa recomendación é que prepares este almibre nos últimos minutos de enfornado para que siga quente cando o vertamos sobre o bolo. Deixamos arrefriar antes de consumir… E si, sabemos que esta é a parte máis difícil de toda a receita, porque a pinta que ten é incrible e non hai quen se resista ;-)