Elaborados con leite 100 % Galego

Queixería Larsa. Unha referencia do sabor Larsa

O queixo foi o primeiro produto elaborado por Larsa alá en 1933: o primeiro queixo tipo Arzúa elaborado de forma profesional. Dende aquela, ampliamos a gama de Queixería Larsa, unha referencia de sabor e textura suave e cremosa, elaborada con leite 100 % Galego, que creceu en paralelo ás familias da nosa terra, fiel a un coñecemento e a un saber facer de case un século.

Como todos os nosos produtos, os de Queixería Larsa manteñen a fórmula de sempre, a da tradición de Galicia, e por iso son tan recoñecibles elixas o que elixas ou como queira que os comas. Queixo en lonchas, de Bóla, Tetilla, Arzúa-Ulloa, Queixo Fresco… Descubre unha gama con propostas para cada momento do día, cada maridaxe e cada prato! Versátil, deliciosa e para todos os gustos.

Inicio / Queixeria Larsa

O noso famosísimo Queixo en Lonchas Clásico, un aliado para sándwichs e pratos gratinados

Goza de todo o pracer do Queixo en Lonchas con Leite de Pastoreo de Larsa sen renunciar a unha dixestión lixeira

Goza de todo o sabor do noso Queixo en Lonchas, pero adaptado a unha dieta sa e baixa en graxa.

O noso mítico queixo redondo, encarnado por fóra e suave e tenro por dentro. E ademais, agora elaborado con Leite de Pastoreo!

Un queixo coa cremosidade do leite de pastoreo Larsa pero co sabor dun semicurado

Goza do queixo San Simón Afumado en porcións, listo para cortar e petiscar e tan tenro coma o primeiro día

Se es dos que non se resiste a fundir os nosos queixos máis emblemáticos, a Crema de Queixo Barra vaiche encantar. Elaborada con Leite de Pastoreo e ideal para dipear.

Todo o sabor do Queixo San Simón nunha crema para untar, ideal para merendas e ceas, e elaborada con Leite de Pastoreo!

O noso queixo decano é unha referencia da tradición gastronómica coa garantía da D.O. Arzúa-Ulloa

Tan característico de Galicia pola súa forma como polo seu sabor e elaborado con leite 100 % Galego

O queixo ideal para sándwich típico dos fogares galegos que non pode faltar nas merendas dos teus

Queres preparar os mellores sándwichs? Sabes que o queixo é un ingrediente fundamental.

O queixo ideal para sándwich que non pode faltar nas merendas dos intolerantes á lactosa.

Queixo de sabor suave e fresco