O Pastoreo é o ser e facer de Larsa. Un modelo de produción que permite ás vacas pastar ao aire libre, sen agonías e sen estrés, nos pastos galegos. O resultado son produtos de calidade, co sabor e a textura do leite de toda a vida.
OS NOSOS PASTOS
Os pastos de Galicia son a orixe dos produtos de Larsa. Neles, a vida das vacas é moi tranquila. Cada día, gozan da liberdade e da amplitude do terreo (2,5 vacas adultas por hectárea!), mentres se alimentan de herba fresca e abundante con alomenos 5 centímetros de alto.
A NOSA PEGADA
O Pastoreo e o coidado do medioambiente van da man. Un modelo natural capaz de actuar contra o cambio climático, respectar e fomentar a biodiversidade, reducir o risco de incendios e rexenerar o solo, entre outros beneficios. Un réxime respectuoso coa natureza que coida dos pastos galegos.
Previous
Next
#AquíFacémoloAsí
Dálle ao play e descubre a última campaña de Larsa #AquíFacémoloAsí porque é así como nos ensinaron que se facían as cousas. Pastoreo, sabor e calidade.