Cristina Pérez Hermida
#APastar a xente que non molla o pan no aceite do polbo
GAÑADORES SEMANAIS
Mónica Martínez Rial
#APastar a todas as persoas que non saben aproveitar os pequenos momentos que nos ofrece a vida, porque son os realmente importantes 💚
GAÑADORES SEMANAIS
Ana González Rodríguez
Mandaría #APastar ós que na miña casa deixan os cartóns de leite baleiros na neveira, o cartón do papel hixiénico e paquetes baleiros no moble.
GAÑADORES SEMANAIS
Antía Pérez López
#APastar a xente que non entende a felicidade de tomar un vaso de leite 🥛 quente sentada no banco de detrás da cociña cos pés no tiro.
GAÑADORES SEMANAIS
Miguel Grueiro Méndez
#Apastar os que fan churrasco ao forno. Eu churrasco ao forno non o como 😉.
GAÑADORES SEMANAIS
María del Pilar Pérez Beceiro
Vou mandar #APastar ós dichosos xabarís 🐗 que veñen todas as noites á horta a levantar o que prantei o día anterior... Xa, xa sei... Xa están #pastando... Mecajonatos!
GAÑADORES SEMANAIS
María del Carmen Tella Cotelo
Mandaría #APastar a tod@s os que cando cambia o semáforo a verde xa están coa man na bucina... piiipiipi... desfrutade da vida que son dous días! 🐄
GAÑADORES SEMANAIS
María Cristina Chas Castro
Ao meu veciño sempre corta a herba na hora da sestiña, nin cediño na mañá nin de tarde, non, xusto despois de xantar, mete un barullo que non se soporta #APastar
GAÑADORES SEMANAIS
Pablo Míguez Suárez
#APastar os que dubiden de que Gayoso é inmortal 😂
GAÑADORES SEMANAIS
Hortensia Fernández Lorenzo
#APastar aqueles que aparcan no medio onde hai sitio para dous coches.
GAÑADORES SEMANAIS
Bibiana Pérez García
#APastar as personas que se burlan dos que somos tan felices no rural. Dos que poñemos a horta e imos á leira como terapia e felicidade absoluta.
GAÑADORES SEMANAIS
Marta Pampín Montoto
A todos os opinólogos do mundo #APastar!