Un ano máis queremos que vivas connosco un día inesquecible. Volve o Concerto de Pastoreo con moitas novidades! Desta vez, serán Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre os encargados de encher de folclore galego un entorno privilexiado rodeado de calma que define á perfección o que somos: o noso verde. A nosa terra. Os nosos Pastos.

As prazas son limitadas! Bule, rexístrate canto antes e poderás asistir xunto cun máximo de 4 acompañantes á 2ª edición do Concerto de Pastoreo de Larsa. 

APÚNTATE PARA CONSEGUIR AS TÚAS ENTRADAS

    SÓ HAI 300 ENTRADAS DISPOÑIBLES.
    FAITE COAs TÚAs ANTES DO 9 DE XULLO!