leite larsa

Protagonizar o brik de Larsa coa túa imaxe de Pastoreo? Volve ser posible!

Envíanos a túa paisaxe de Pastoreo favorita e elixiremos as 5 mellores para protagonizar os novos envases. Ademais, gaña queixo, iogures e leite Larsa para todo un ano!*

Grazas á gandería de Pastoreo, existen paisaxes coma as nosas. Verdes, fermosas e cheas de vida. Unha marabilla natural que coidamos entre todos. Por iso queremos que as percorras viaxando polos nosos campos galegos e descubrindo o mellor da nosa terra.

Fai que as #PaisaxesDePastoreo perduren para sempre enviándonos a túa foto. Queres participar co teu pasto? É moi sinxelo

· Fai a foto da túa #PaisaxeDePastoreo
· Envíanola completando o formulario que encontrarás aquí debaixo. Recorda que a túa foto debe ser en horizontal e estar en alta resolución para que poidamos usala.
· Entre todas as fotos que recibamos, elixiremos a 5 gañadores que protagonizarán os nosos envases de leite.

E ademais…

* Cinco (5) lotes serán para as 5 mellores fotografías subidas á web, catro (4) lotes sortearanse entre o resto de participantes da promoción de entre os que non fosen gañadores coa súa fotografía e un (1) lote sortearase entre a comunidade de Larseiros entre aqueles usuarios que se rexistren entre o 10 de abril e o 30 de xuño, ambos inclusive, coincidindo co período desta promoción, para máis información accede ás bases.

Responsable do tratamento: Corporación Alimentaria Peñasanta S.A (CAPSA) Finalidades do Tratamento: xestionar a súa solicitude de participación. Dereitos: Poderá exercitar os dereitos de aceso, rectificación, supresión, así como outros dereitos, ante Corporación Alimentaria Peñasanta S.A., con domicilio en Sierra de Granda, s/n, CP 33.199, Siero, Asturias, (España), indicando no asunto: Ref. Protección de Datos. Así mesmo, poderá poñerse en contacto co Delegado de Protección de Datos a través do enderezo electrónico: comiteseguridad@capsafood.com. Se desexa máis información en relación ao tratamiento dos seus datos persoais pode consultala AQUÍ

Gañadores 2022

Estas impresionantes imaxes foron as gañadoras das Rutas de Pastoreo do 2022. Entre centos de imaxes recibidas, estas foron as elixidas pola súa beleza e creatividade. Perfectas para representar o Pastoreo da nosa terra.

Queres que este ano a protagonista sexa a túa?

Queres un pouco
de inspiración?

Estas son algunhas fotos de Pastoreo dos nosos participantes;) Podes superalo?

Consulta aquí as bases legais

Aviso legal   Política de Privacidad    Política de cookies

© 2023 All Rights Reserved.