SUADOIRO EU SON LARSEIRO
14,95 €
Saca peito co noso novo suadoiro Larseiro!
Unha peza branca sen carapucha, confeccionada con 80% algodón e 20% poliéster, coa que se acabaron todas as dúbidas. Nada máis verte, todos saberán que es un auténtico Larseiro!
Un suadoiro todoterreo cun deseño moi sinxelo para que o poidas levar a todas partes. Tres detalles fano especial: a palabra “Larseiro” en serigrafía cos bordos en cor azul, o noso lema #AquíFacémoloAsí e a declaración “Eu son Larseiro” na caluga.
Presume do teu ADN Larseiro e viste co noso suadoiro dentro e fóra de casa!