En Galicia, hai moitas vacas que producen leite pero son moi poucas as que saen pastar. O Pastoreo é unha forma sostible de produción que respecta o ritmo natural da terra e dos animais. E en Larsa podemos dicir orgullosos que todo o leite que envasamos na nosa planta de Outeiro de Rei, en Lugo, é 100% galego e de Pastoreo Certificado.
O certificado Leite de Pastoreo de SGS garante que cada vaca sae polo menos 6 horas diarias a pastar ao aire libre un mínimo de 120 días ao ano. Descarga o documento ou preme na imaxe para descubrir que condicións cumpren as nosas gandarías.
Pastos cunha carga media de 2,5 vacas adultas por hectárea de terreo, o equivalente a dous campos de fútbol
Herba con polo menos 5 centímetros de alto
Gandeiros de Pastoreo certificado con formación en manexo de pastos

En Larsa, traballamos estreitamente con 441 gandarías de confianza distribuídas por tres das catro provincias galegas, que forman parte da nosa historia hai décadas. Estas gandarías, certificadas en réxime de Pastoreo de tamaño medio (rabaños de entre 15 e 100 vacas), están localizadas preto dos nosos centros de envasado e produción, o que nos permite recoller o leite de forma rápida e eficiente.
O noso Leite de Pastoreo distínguese por ser un produto local, excepcional e de alto valor engadido, avalado polas certificacións Galicia Calidade e Galega 100%.
En definitiva, o Pastoreo é unha forma sostible de produción que nos permite manter o equilibrio coa natureza e contribúe a unha maior remuneración dos gandeiros, o cal impacta positivamente na sociedade e no planeta.
O Pastoreo é a garantía da calidade do noso leite. Esta forma de alimentación natural, coas vacas pastando durante o día en liberdade, produce un leite cun perfil nutricional enriquecido e con efectos beneficiosos para a saúde. E non son as únicas vantaxes! O Pastoreo é garante de preservación do noso entorno natural e de respecto á nosa biodiversidade. Case nada!
As vacas que pastan son un garante para producir leite de calidade con máis beneficios para a saúde. E non o dicimos nós! O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo constatou que o leite de Pastoreo é máis rico en ácidos graxos poliinsaturados e antioxidantes liposolubles bioactivos. Os estudos demostraron que ten un perfil nutricional máis rico, cunha media dun 68% máis de omega-3, e contén máis vitamina E e betacaroteno que o leite convencional.
O Pastoreo é un modo de produción que contribúe a preservar o noso ecosistema. Os pastos son o hábitat natural das vacas e proporciónalles todo o que precisan para vivir; e á vez as explotación gandeiras actúan como protectoras da natureza. O Pastoreo favorece a conservación de espazos naturais, evitando o seu abandono e a acumulación de combustible vexetal que pode favorecer a proliferación de incendios. É un modelo de produción sostible que favorece a biodiversidade, según o informe da ONU “Pastoreo e economía verde: ¿un nexo natural?” (2015).
O pastoreo é tan natural como continuar coa tradición, a dos gandeiros galegos que criaban as súas vacas en liberdade, conscientes de que os prados eran todo o que precisaban. Hoxe, a gandaría en pastoreo herda o mellor da tradición mellorándoa grazas á profesionalización dos gandeiros. Eles coidan os pastos, a recolección de alimentos naturais, e que as vacas cumpran co estipulado no Manual de Pastoreo, controlando as horas de pasto ao aire libre e velando polo seu benestar.

Produtos Larsa con Leite de Pastoreo
A simple vista, o Leite de Pastoreo ten un corpo máis consistente e unha textura máis cremosa en comparación cos leites convencionais. Este leite conserva o sabor de sempre, o de toda a vida, pasando unicamente por un proceso de pasteurización para garantir a súa seguridade. Trátase dun leite de maior calidade, saudable e con valores nutricionais superior aos do leite de produción industrial.
O sistema de Pastoreo é máis respectuoso co benestar animal que o sistema intensivo de produción, que implica manter ás vacas en cortes. En Pastoreo, as vacas gozan dunha maior lonxevidade, viven sen estrés e gozan dunha maior calidade de vida ao ter acceso a pastos frescos e unha alimentación rica a base de pasto.
Consumir Leite de Pastoreo non só supón gozar dun produto máis saudable, senón apoiar un sistema respectuoso cos animais, o medio ambiente a sostibilidade das gandarías, ademais de respectar e promover a tradición láctea galega.
O Leite de Pastoreo destaca como unha opción máis saudable debido a que as vacas pastan libremente e gozan dunha dieta máis natural e variada. Isto tradúcese nun leite cun perfil nutricional superior, caracterizado por unha maior concentración de ácidos graxos poliinsaturados e antioxidantes liposolubles bioactivos, beneficiosos para a saúde humana. Este recoñecemento constátao o Centro de Investigacións agrarias de Mabegondo (CIAM), entidade dependente da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).
Ademais, constatouse que o Leite de Pastoreo posúe, de media, un 68% máis de omega-3, un perfil de omega-6 máis saudable e contén maiores niveis de vitamina E e betacaroteno que as opcións convencionais. Neste sentido, investigacións levadas a cabo pola Escola Politécnica da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) concluíron que o Pastoreo contribúe notablemente a mellorar a composición do leite de vacún e a incrementar os beneficios para a saúde dos seus consumidores.
O Leite de Pastoreo é unha opción adecuada para os nenos, xa que proporciona nutrientes esenciais para o crecemento e o desenvolvemento durante a infancia. O Leite de Pastoreo a miúdo elíxese debido ao seu perfil nutricional, que se caracteriza por conter unha maior concentración de nutrientes beneficiosos para a saúde, como o omega-3, a vitamina E e os betacarotenos.
No sistema de Pastoreo, as vacas nútrense de pastos naturais que inclúen herbas leguminosas, como os trevos, e outras plantas, como o dente de león ou as margaridas. Para que o leite sexa considerado de Pastoreo, estas herbas deben ter polo menos 5 cm de altura e complementarse con forraxes e concentrado. Esta dieta fresca e variada non só mellora o benestar das vacas, senón que tamén enriquece a calidade nutricional do leite.
O pasto diverso e natural é unha característica única que realza o sabor e a calidade do Leite de Pastoreo, reflectindo unha alimentación saudable e natural para que as vacas vivan máis felices, o que resulta nun leite delicioso cun perfil nutricional superior.
A gran maioría dos produtos de Larsa elabóranse con Leite de Pastoreo: toda a nosa gama de leites, iogures, unha variada selección de queixos, así como todos os nosos produtos sen lactosa, que abranguen leite, iogures e queixos.
© 2024 All Rights Reserved.