Sabías que o réxime de pastoreo produce unha menor pegada climática?

O pastoreo é un réxime máis respectuoso co medio ambiente

Larsa é a primeira marca de leite que obtivo en Galicia o selo SGS que certifica que todo o seu leite é producido por vacas de pastoreo. Vacas que pacen en liberdade nos prados galegos, en explotacións de tamaño medio, que non superan o centenar de exemplares. O noso Leite de Pastoreo Certificado sabe ao leite de sempre e continúa a tradición de Galicia, a de coidar as vacas cunha alimentación 100% natural para obter un leite de calidade. Leite 100% galego!

Ese sabor diferente é o que identifica os produtos Larsa que encontras nos supermercados. O noso leite, iogures e queixos de pastoreo. Mais para nós, o pastoreo é algo máis.

Vacas que crecen e se alimentan no seu entorno natural

Manter un sistema natural permite que as vacas vivan no seu medio. Isto significa que as vacas comen e beben canto e cando queren, en prados abondosos, que poden buscar refuxio á sombra cando o necesitan e que viven sen estrés e con espazo suficiente para o seu desenvolvemento natural.

O método tradicional en Galicia permite un maior benestar animal cás explotacións industriais. Pero ademais, ou tal vez por iso, o pastoreo é máis beneficioso para o medio. Sabes por que? Porque deixa menor pegada climática. Ímoscho explicar.

Diversidade natural e prevención de incendios

O traslado das vacas para as zonas de pasto permite manter abertos corredores de paso que conectan distintos hábitats, favorecen a dispersión de sementes e, polo tanto, promoven a diversidade. A presenza de gando nos pastos tamén mellora a riqueza dos solos e mantén o ciclo dos seus nutrientes.

O réxime de gandaría en pastoreo favorece a limpeza dos montes e as parcelas, por iso é un dos sistemas máis efectivos na prevención de incendios. As vacas abren zonas de paso que actúan como cortalumes naturais e os herbívoros como vacas, cabalos, cabras, etc. aliméntanse da biomasa natural que nos montes abandonados serve de combustíbel para o lume. Manter o ecosistema natural é a mellor forma de coidar o medio e reducir a pegada climática.

Rexeneración de solos

Os nosos gandeiros sábeno ben, o pastoreo tamén favorece a restauración de solos, ao xerar un esterco natural que acelera o seu restablecemento. O certificado SGS de Leite de Pastoreo esixe de feito, entre os seus requisitos para o gandeiro, que este acredite formación no manexo de pastos. 

Que significa isto? Os gandeiros que coidan as vacas que producen o Leite de Pastoreo Larsa aseguran unha correcta rexeneración dos pastos. Isto supón o establecemento de períodos de descanso nos prados, para que as vacas sempre teñan pasto abondoso á súa disposición.

Menor consumo de auga e de enerxías fósiles

As vacas de pastoreo consumen auga de fontes naturais, mentres pacen e no seu camiño ás zonas de pasto, alí onde a auga está dispoñíbel. Por iso, o seu impacto é menor que o dos sistemas intensivos, que se provén de abundante auga de consumo humano e de rego, tanto para dar de beber ás vacas estabuladas como para producir o alimento.

Os pastos son enormes sumidoiros de carbono. Isto contribúe a reducir a mudanza climática e axuda a compensar a pegada climática que producen as emisións de metano provocadas polas dietas ricas en celulosa das vacas e dos herbívoros silvestres.

640