
O Universo do Sabor…Larsa
Coñece as calidades de toda a gama de productos Larsa
A familia de produtos Larsa non deixou de crecer dende 1933. Encántanos ofrecer lácteos auténticos, pero todos, do primeiro ao último lanzamento, teñen unha calidade diferencial: o sabor. Un sabor auténtico, obtido do leite de sempre; Leite de Pastoreo, de vacas que pastan en liberdade nos prados galegos. Leite obtido cun método tradicional que levamos do campo á túa mesa: o Leite Larsa de Pastoreo Enteiro, Semidesnatado e Desnatado, que empregamos na máis ampla gama de sabores en iogures e sobremesas lácteas do mercado. E libres de glute!
O teu ingrediente secreto na cociña
As natas coa calidade de Larsa para pratos doces e salgados
Presentámosche a esencia máis cremosa do noso leite tradicional e o ingrediente que non pode faltar na túa cociña. E con dúas opcións: Nata para Cociñar Larsa, perfecta para todo tipo de mollos, cremas e pratos; e Nata para Montar, cremo...
Todo o sabor, nada de Lactosa
A nosa gama de produtos aptos para intolerantes á Lactosa
Goza de todo o sabor de sempre do leite, o queixo e os iogures Larsa pero sen renunciares a unha dixestión lixeira.A nosa liña de produtos aptos para persoas con intolerancia á lactosa inclúe Leite Semidesnatado ou con 0 % Materia Graxa, Queixo en...
Manteiga Tradicional
Descubre o sabor e textura únicos da nosa Manteiga Tradicional Larsa, elaborada seguindo a receita tradicional, que consiste en bater a crema do leite ata obter esta delicia dourada. Ideal para elaborar as túas sobremesas caseiras ou enriquecer o teu almorzo da maneira máis natural.
A manteiga é un alimento rico en vitaminas e graxas cunha tradición m...
Leites de Pastoreo Larsa
Como tomas o leite? Só, con cereais, con café, frío... Hai miles de formas de consumilo, pero todas elas son boas para ti. Por iso che ofrecemos o noso Leite de Pastoreo máis natural, que procede de vacas que se crían ao aire libre. O alimento máis completo e auténtico para que te coides, como queira que o tomes.
En Larsa temos leite para todos ...
Iogures Larsa
Se es fan dos iogures, estás no mellor sitio posible. Descubre a máis completa das gamas de iogures e sobremesas lácteas do mercado, cun sabor e unha textura cremosa que os fai únicos, inigualables: Iogures elaborados con Leite de Pastoreo.
Ou os nosos iogures tradicionais, Con Froitas, Desnatados, Con Bífidus, de Licor Café, Con Castañas, Sabor a Torta de...