Iogures de Pastoreo Cremosísimos

Os Cremosísimos de  Larsa son algo máis ca un iogur, unha sobremesa láctea con todo o sabor do leite de Pastoreo Larsa, pero cunha textura aínda máis cremosa que o noso iogur tradicional e lixeira á vez. Ideais para quen adora os nosos iogures pola súa textura  cremosa e foxe das sobremesas deseñadas para reinar no Olimpo: O  cremoso galego de Pastoreo, con só un 6,5% de Materia Graxa. Descubre a nosa nova gama de  Cremosísimos: Natural e Amorodo con selo Galicia Calidade e elixe quen raíña na túa neveira.

Inicio / Produtos / Iogures / Iogures Cremosisimos

Ao noso clásico iogur Tradicional sabor Amorodo saíulle un parente, próximo en sabor pero cun extra de froita e cremosidade que che sorprenderá.

Tan natural coma o Iogur Tradicional Larsa pero cunha cremosidade extraordinaria para gozar de todo o sabor do Pastoreo.