Hai sabores que son moi de noso, que nos acompañaron sempre ao longo da nosa vida. Eses sabores concéntranse agora nun vasiño de 125 g grazas aos Larsa Sobremesa: licor café e mazá ao forno. Extraemos a esencia de cada un destes elementos da nosa gastronomía para que ti desfrutes deles en calquera momento. O lanzamento do noso Larsa Sobremesa sabor licor café revolucionou os fogares e baleirou os andeis de moitos supermercados. Aínda non os probaches todos? A que esperas?
Todo o sabor da mazá ao forno nunha sobremesa láctea con deliciosos anacos de froita
Unha homenaxe ao produto máis asociado ás longas sobremesas galegas que se converteu nun fenómeno único
Todos os Larsa Sobremesa se preparan con leite galego 100 % de pastoreo. Aínda non sabes o que é o pastoreo de Larsa? Pois presta atención: o noso leite provén de vacas que pastan libres durante todo o día, sen présa, respectando os seus ritmos biolóxicos. Ademais, gozan dunha alimentación complementaria totalmente natural. Todo este proceso está certificado por SGS S.A.
Podemos presumir de ser a primeira marca láctea de pastoreo certificada. Por iso conseguimos un leite tan especial, cun sabor único. Con esa materia prima, de calidade insuperable, prepáranse os nosos Larsa Sobremesa. Agora xa sabes por que están tan ricos!
Os Larsa Sobremesa son a forma perfecta de acabar calquera comida cun capricho e sen remorsos. Os sabores que máis che gustan coa forma dos iogures de Larsa de sempre. Se os sacas na sobremesa, despois dunha comida con amigos, halos conquistar a todos. Xa verás como se volven imprescindibles en festas e celebracións! Pero non deixes de saborealos nos momentos máis cotiáns. Hanse converter nos teus mellores compañeiros de merendas e sobremesas.
Paisanos e foráneos gozarán por igual dos sabores máis galegos. Sorprende ao teu círculo coas nosas sobremesas máis auténticas. O sabor de licor café darán que falar entre os teus amigos. Dallo a probar e verás como entenden o que é a morriña!
© 2024 All Rights Reserved.