O teu ingrediente secreto na cociña
As natas coa calidade de Larsa para pratos doces e salgados
Presentámosche a esencia máis cremosa do noso leite tradicional e o ingrediente que non pode faltar na túa cociña. E con dúas opcións: Nata para Cociñar Larsa, perfecta para todo tipo de mollos, cremas e pratos; e Nata para Montar, cremosa e ideal para engadírllela ás túas sobremesas.
As natas Larsa están elaboradas co mellor do noso leite para obter a textura perfecta e idónea das natas para cociñar. En formatos ideais de 500 ml para gardar na túa neveira e poder botar man delas á hora de elaborar toda clase de pratos.
Nata para Cociñar
O mellor do leite Larsa para enriquecer os teus pratos e as súas salsas
Nata para Montar
Con todas as propiedades para lograr un montado perfecto para calquera sobremesa
O toque co que triunfarán as túas sobremesas!
Grazas á consistencia da Nata para Montar Larsa conseguirás unha textura ideal para decorar ou aderezar as túas sobremesas, ou para combinala con froita e poñerlles ese toque final doce ás mellores comidas en grupo. Aposta pola mellor e máis deliciosa nata para montar e fai que as túas tortas e presentacións triunfen entre os teus.
Porque a Nata para Montar Larsa ten un 35 % de materia graxa, a mínima necesaria para conseguir que se monte de forma eficaz. Ademais, debes ter en conta que cómpre batela ben fría e gardala na neveira a menos de 5 graos de temperatura. Así lograrás tirarlle o maior partido posible á nosa nata e montala coa textura e o toque ideal de consistencia que precisan os teus pratos doces.