Iogures tradicionais con Leite de Pastoreo
Dentro da nosa gama de iogures tradicionais poderás atopar os sabores de sempre, eses que non poden faltar na neveira da maior parte das familias: iogur natural, iogur natural azucrado, iogur de amorodo, iogur de limón, iogur de plátano, iogur de ananás e, como non, o noso iogur máis emblemático: o de vainilla. O iogur de vainilla Larsa é o favorito dos Larseiros. O seu sabor inimitable outorgoulle a honra de ser o iogur máis vendido de Galicia. Aínda non o probaches?
Iogur sabor Macedonia
O que faltaba! A mestura das túas froitas favoritas no vasiño de Iogur Larsa.
Iogur sabor Mazá
O equilibrio perfecto entre unha textura cremosa e o sabor da mazá
Iogur Natural
Un iogur natural co sabor auténtico do Leite de Pastoreo Larsa
Iogur natural Azucrado
O iogur natural tradicional co edulcorado xusto para gozar del onde queiras
Iogur sabor Vainilla
O noso iogur máis popular, con sabor a auténtica vainilla e o máis vendido de Galicia
Iogur sabor Amorodo
Un iogur coa textura perfecta do iogur con Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a amorodo que non te deixará indiferente
Iogur sabor Limón
O noso iogur máis fresco, cun suave sabor a limón e o perfecto contraste doce
Iogur sabor Plátano
Un dos nosos iogures favoritos entre os nenos e os que non o son tanto. Descubre por que!
Iogur sabor Ananás
O primeiro iogur de ananás elaborado en Galicia e a homenaxe máis cremosa á primeira froita tropical que coñecemos
Iogures Larsa, iogures de pastoreo
Sabías que todos os iogures tradicionais de Larsa están elaborados con Leite de Pastoreo? Por iso están tan bos! O leite co que se producen os iogures Larsa provén de vacas galegas que pastan en liberdade nos verdes prados da nosa terra e que se alimentan de forma natural. O Leite de Pastoreo Larsa conta coa certificación de SGS S.A., un prestixioso selo que avala estas prácticas sostibles.
A calidade de vida das vacas vese reflectida na calidade do leite e, polo tanto, no sabor dos nosos iogures. Por iso teñen esa cremosidade única e esa intensidade inigualable. Se aínda non o fixeches, próbaos e descubrirás que non hai outros iguais.