Queixería Larsa. Unha referencia do sabor Larsa

O queixo foi o primeiro produto elaborado por Larsa alá en 1933: o primeiro queixo tipo Arzúa elaborado de forma profesional. Dende aquela, ampliamos a gama de Queixería Larsa, unha referencia de sabor e textura suave e cremosa, elaborada con leite 100 % Galego, que creceu en paralelo ás familias da nosa terra, fiel a un coñecemento e a un saber facer de case un século.

Como todos os nosos produtos, os de Queixería Larsa manteñen a fórmula de sempre, a da tradición de Galicia, e por iso son tan recoñecibles elixas o que elixas ou como queira que os comas. Queixo en lonchas, de Bóla, Tetilla, Arzúa-Ulloa, Queixo Fresco... Descubre unha gama con propostas para cada momento do día, cada maridaxe e cada prato! Versátil, deliciosa e para todos os gustos.

Queixo Barra

Quen non desfrutou do Queixo en barra, fundido nun sándwich perfecto e delicioso?

Un queixo con sabor suave e unha textura moi cremosa, fácil de fundir, perfecto para comer só, en bocadillo ou engadido a calquera prato. Se cadra por iso é o noso queixo máis famoso e o preferido nos la...

Queixo Barra

Queixo Fresco

O Queixo Fresco Larsa convértese no complemento ideal dunha cea ou merenda lixeira. Perfecto tamén como achega de proteínas para unha ensalada ou unha sobremesa indulxente e chea de calcio. Toda a calidade de Larsa nun queixo lixeiro: o auténtico queixo fresco.

 

...
Queixo Fresco

Queixos Galegos con Denominación de Orixe

Descubre a nosa selección de queixos máis tradicional para gozares do sabor máis xenuíno de Galicia.

Unha gama que agrupa os queixos máis representativos da nosa terra e a garantía do sabor e a calidade Larsa. Así son os nosos queixos galegos con Denomi...

Queixos Galegos con D.O

Snack Crocante 100% Queixo Semicurado

O Snack Crocante 100% Queixo Semicurado non se parece a ningún outro produto da Queixería Larsa.

A súa forma de bolita de queixo deshidratado chamará a túa atención, pero a súa textura crocante e o seu sabor a queixo 100% semicurado gañará o teu corazoncito.

Sen glute, rico en calcio e con alto contido en proteína, o novo...

Snack Crocante 100% Queixo Semicurado

Queixos Larsa con Leite de Pastoreo

Larsa é a primeira marca certificada de Leite de Pastoreo, o que producen as vacas que pacen no seu medio natural.

Por iso, os queixos con Leite de Pastoreo son máis cremosos e teñen ese sabor auténtico, tan de toda a vida: o noso famosísimo Queixo en Lonchas La...

Queixos con Leite de Pastoreo

Queixo en lonchas Clásico

O noso famosísimo Queixo en Lonchas Clásico, un aliado para sándwichs e pratos gratinados

Queixo en lonchas sen lactosa

Goza de todo o pracer do Queixo en Lonchas con Leite de Pastoreo de Larsa sen renunciar a unha dixestión lixeira

Queixo en lonchas Lixeiro

Goza de todo o sabor do noso Queixo en Lonchas, pero adaptado a unha dieta sa e baixa en graxa.

Queixo Bóla

O noso mítico queixo redondo, encarnado por fóra e suave e tenro por dentro. E ademais, agora elaborado con Leite de Pastoreo!

Queixo barra semicurado

Un queixo coa cremosidade do leite de pastoreo Larsa pero co sabor dun semicurado

Queixo San Simón afumado en taco, listo para cortar

Goza do queixo San Simón Afumado en porcións, listo para cortar e petiscar e tan tenro coma o primeiro día

Queixo Galego con D.O. Arzúa-Ulloa

O noso queixo decano é unha referencia da tradición gastronómica coa garantía da D.O. Arzúa-Ulloa

Queixo Galego con D.O. Tetilla

Tan característico de Galicia pola súa forma como polo seu sabor e elaborado con leite 100 % Galego

Queixo Barra

O queixo ideal para sándwich típico dos fogares galegos que non pode faltar nas merendas dos teus

Queixo Barra Lixeiro

Queres preparar os mellores sándwichs? Sabes que o queixo é un ingrediente fundamental.

Queixo Barra sen Lactosa

O queixo ideal para sándwich que non pode faltar nas merendas dos intolerantes á lactosa.

Queixo Fresco

Queixo de sabor suave e fresco