Queixo Barra sen Lactosa
O queixo ideal para sándwich que non pode faltar nas merendas dos intolerantes á lactosa.
O Queixo en Barra sen Lactosa de Larsa mantén o seu sabor suave e delicioso e o punto de fundido perfecto do noso queixo en barra de sempre, pero agora está tamén dispoñible para intolerantes á lactosa. Porque non queremos que ninguén quede sen desfrutar dun dos produtos máis asociados á imaxe colectiva das familias da nosa terra
- Valores medios por ración: 125g
- Valor Enerxético:1461KJ (352Kcal)
- Grasas:28,0g
-
- do cal
- Saturadas: 18,9g
- Hidratos de carbono:1,0g
-
- do cal
- Azucres: 1,0g
- Proteinas:24,0g
- Sal:1,2g
- Calcio:800mg (100% VRN)

Queixo ao corte sen lactosa
O noso Queixo en Barra sen Lactosa é un clásico presente nas chacinarías dos supermercados de confianza dende hai décadas. É un ingrediente imprescindible dos bocadillos e merendas de varias xeracións, xa sexa en formato frío ou quente. Por iso, agora tamén cho traemos en versión sen lactosa.
Próbao tamén para cociñar
O Queixo en Barra sen Lactosa de Larsa ten o toque de fundido perfecto que o converte no ingrediente imprescindible das túas receitas. Próbao en pizzas e lasañas ou combinado con verduras… A súa textura e sabor incribles vanche encantar! Tamén podes desfrutar del en frío en bocadillos, ou cortado en tacos para acompañar unha ensalada. Descubre as súas infinitas posibilidades!