Todo o sabor, nada de Lactosa
A nosa gama de produtos aptos para intolerantes á Lactosa
Goza de todo o sabor de sempre do leite, o queixo e os iogures Larsa pero sen renunciares a unha dixestión lixeira.A nosa liña de produtos aptos para persoas con intolerancia á lactosa inclúe Leite Semidesnatado ou con 0 % Materia Graxa, Queixo en Barra e en Lonchas e os nosos deliciosos iogures Natural Azucrado e de Amorodo ou Vainilla Sen Lactosa, pero con Leite de Pastoreo.
Se queres gozar do sabor dos produtos lácteos sen complicacións, descubre o sabor inconfundible dos produtos sen lactosa de Larsa.
Iogur sen Lactosa sabor Limón
Un iogur sen lactosa con intenso sabor a Limón e unha textura cremosa procedente do noso Leite de Pastoreo.
Iogur sen lactosa Natural
O sabor orixinal do noso iogur elaborado con Leite de Pastoreo, agora, sen lactosa
Leite sen lactosa semidesnatado
O sabor auténtico do Leite de Pastoreo sen lactosa e coa metade de graxa.
Leite sen lactosa desnatado
O leite 0 % sen lactosa que sabe a leite de verdade
Iogur sen lactosa sabor amorodo
Un iogur sen lactosa coa textura perfecta que lle dá o Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a amorodo
Iogur sen lactosa sabor vainilla
O noso iogur máis popular, agora dispoñible para intolerantes á lactosa
O intenso sabor do pastoreo
É posible seguir unha dieta sen lactosa con Leite de Pastoreo, leite 100% Galego obtido de vacas que pacen en liberdade nos pastos de Galicia con herba, auga e espazo abondos, o que garante o benestar animal.
O Leite de Pastoreo é leite de vacas felices e nótase: no sabor, no seu corpo consistente… E iso trasládase á textura cremosa que caracteriza os nosos iogures e queixos e os nosos produtos sen lactosa. Recupera a ilusión e goza do sabor e a personalidade única dos produtos Larsa con Leite de Pastoreo, pero 100 % libres de lactosa.