RSC

Larsa apoia o sector primario fomentando os hábitos de vida saudable e protexendo o medio natural

Larsa vén mantendo a súa actividade ao longo dos anos vinculada á contorna rural e ofrecéndolles ás familias galegas alimentos sans e naturais. Alén da contribución que a súa actividade económica realiza á economía rexional, Larsa dirixe os seus recursos ao desenvolvemento de accións complementarias para a mellora de tres ámbitos fundamentais e estratéxicos:

Prestámoslles unha asistencia técnica continuada aos gandeiros, tanto dende o punto de vista da produción láctea coma da xestión empresarial.

A través do noso programa de mellora da calidade do leite, traballamos con eles para reorientar o proceso de produción e lograr un leite cos máis altos parámetros de calidade con tres obxectivos:

  • Sanitario: reducir o risco de contaminación microbiana.
  • Económico: facer as granxas más sostibles.
  • Calidade: lograr os mellores produtos.

Larsa foi a primeira marca láctea galega en recibilo certificado de Leite de Pastoreo. Este selo, avalado pola entidade líder en certificacions de calidade e cumprimento normativo SGS avala ca nosa Leite de Pastoreo é obtida de vacas que pastan en libertade.

A producción de leite en réximen de pastoreo significa cas vacas disfrutan dunha alimentación natural e se desenrolan no seu medio natural, o que prolonga a súa vida. O Leite de Pastoreo é un producto de gran calidade que obriga ós gandeiros a levar un rexistro diario da súa actividade pero tamén permite retribuir mellor o seu esforzo.

En Larsa temos como obxectivo incorporar melloras ambientais en toda a nosa cadea de valor e optimizar os nosos procesos para lograr a maior eficiencia enerxética posible.

Crecemos como compañía de modo responsable. Non só investimos en procesos produtivos e loxísticos innovadores, senón que acompañamos estes investimentos de sistemas capaces de minimizar o noso impacto ambiental dende o principio, aplicando as mellores tecnoloxías dispoñibles ao noso alcance.

Como parte de CAPSA FOOD, Larsa cumpre co obxectivo fundacional de Defender o Natural e incorpora as seguintes prácticas para contribuír ao cumprimento dos Obxectivos globais de Desenvolvemento Sostible (ODS) adoptados por Nacións Unidas:

  • Diminuímos os quilómetros percorridos nas nosas rutas de recollida de leite para minimizar as emisións de CO2.
  • Reducimos o consumo enerxético das nosas explotacións e factorías.
  • Minimizamos o consumo de auga nos nosos procesos para coidar dos recursos.
  • Redeseñamos os nosos procesos para diminuír as emisións.
  • Dámoslles prioridade ás reunións telemáticas a través de videoconferencias para evitar viaxes en encontros entre empregados e cos nosos provedores.

A nosa principal aposta polo fomento dos hábitos de vida saudables é a elaboración de produtos sans e ricos en nutrientes que cubran as necesidades de todos os membros da familia.

O Leite de Pastoreo, procedente de vacas que pastan en liberdade, é un produto da máxima calidade.

O compromiso de Larsa é promover o consumo de alimentos lácteos como unha parte importante dunha dieta sa e saudable, desenvolvendo unha política de comunicación transparente e responsable.

Tanto na etiquetaxe dos seus produtos coma en todos os soportes de comunicación, Larsa ofrece unha información transparente sobre a composición dos seus produtos, os seus ingredientes e demais datos nutricionais. Así mesmo, contamos cun Servizo de Atención ao Consumidor dispoñible as 24 horas do día.

Nos últimos anos este sistema inclúe un Servizo de Consulta Nutricional para atender dúbidas sobre temas xerais ou máis específicos, relacionados coa saúde e a nutrición, dispoñible a través de tres vías sinxelas e de fácil uso:

  • Teléfono de Atención ao Consumidor
  • Correo electrónico
  • Perfís de Facebook, Twitter e Instagram
leche de pastoreo