Iogures Larsa

Se es fan dos iogures, estás no mellor sitio posible. Descubre a máis completa das gamas de iogures e sobremesas lácteas do mercado, cun sabor e unha textura cremosa que os fai únicos, inigualables: Iogures elaborados con Leite de Pastoreo.

Ou os nosos iogures tradicionais, Con Froitas, Desnatados, Con Bífidus, de Licor Café, Con Castañas, Sabor a Torta de Améndoa… Un paraíso para os amantes do iogur!

Larsa Sobremesa con Leite de Pastoreo

Hai sabores que son moi de noso, que nos acompañaron sempre ao longo da nosa vida. Eses sabores concéntranse agora nun vasiño de 125 g grazas aos Larsa Sobremesa: licor café e mazá ao forno. Extraemos a esencia de cada un destes elementos da nosa gastronomía para que ti desfrutes deles en calquera momento. O lanzamento do noso Larsa Sobremes...

Sobremesa

Iogures tradicionais con Leite de Pastoreo

Dentro da nosa gama de iogures tradicionais poderás atopar os sabores de sempre, eses que non poden faltar na neveira da maior parte das familias: iogur natural, iogur natural azucrado, iogur de amorodo, iogur de limón, iogur de plátano, iogur de ananás e, como non, o noso iogur máis emblemático: o de vainilla. O iogur de vainilla Larsa...

Iogures Tradicionais

Iogures desnatados con Leite de Pastoreo

Os iogures desnatados Larsa con leite de pastoreo son a mellor opción para aqueles Larseiros que queren coidar a súa alimentación sen renunciar ao mellor sabor. A súa textura e cremosidade farán que dubides de se realmente estás a consumir un iogur desnatado. Pero non tes nada de que preocuparte: ningún dos nosos iogures desnatados super...

Iogures Desnatados

Iogures Cremosísimos con Leite de Pastoreo

Os Cremosísimos de  Larsa son algo máis ca un iogur, unha sobremesa láctea con todo o sabor do leite de Pastoreo Larsa, pero cunha textura aínda máis cremosa que o noso iogur tradicional e lixeira á vez. Ideais para quen adora os nosos iogures pola súa textura  cremosa e fox...

Iogures Cremosísimos

Iogures bífidus con Leite de Pastoreo

Os nosos iogures con bífidus están pensados para enriquecer a túa alimentación diaria e recuperar o equilibrio interior sen renunciar ao auténtico sabor dos iogures Larsa. Esta gama de iogures está composta por 4 variedades diferentes: bífidus natural, bífidus natural desnatado, bífidus con abelás e bífidus con cereais. Escolle o teu e...

Bífidus

Iogures de pastoreo con Froitas

A froita tómase ás culleradas! Os iogures de pastoreo con froitas Larsa son a proba irrefutable de que comer froita é san, e tamén un pracer. Podes escoller o que máis che preste entre a nosa selección: iogur con amorodo, iogur con ananás, iogur con pexego, iogur con froitos do bosque, iogur con cereixa, iogur con mandarina ou iogur con pera. Tod...

Iogures con Froitas

Iogur infantil

Xa te enteraches? Novo Iogur Larseiriños! Un produto con sabor a amorodo e plátano, elaborado con Leite de Pastoreo, sen azucres engadidos e sen anacos de froita!  

O novo Iogur vén revolucionar as merendas Larseiriñas e poñeracho moooi fácil á hora de elexir o mellor para os teus pequenos! Gozarán de 1...

Iogur infantil

Iogur sabor Macedonia

O que faltaba! A mestura das túas froitas favoritas no vasiño de Iogur Larsa.

Iogur sabor Mazá

O equilibrio perfecto entre unha textura cremosa e o sabor da mazá

Iogur Natural

Un iogur natural co sabor auténtico do Leite de Pastoreo Larsa

Iogur natural Azucrado

O iogur natural tradicional co edulcorado xusto para gozar del onde queiras

Iogur sabor Vainilla

O noso iogur máis popular, con sabor a auténtica vainilla e o máis vendido de Galicia

Iogur sabor Amorodo

Un iogur coa textura perfecta do iogur con Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a amorodo que non te deixará indiferente

Iogur sabor Limón

O noso iogur máis fresco, cun suave sabor a limón e o perfecto contraste doce

Iogur sabor Plátano

Un dos nosos iogures favoritos entre os nenos e os que non o son tanto. Descubre por que!

Iogur sabor Ananás

O primeiro iogur de ananás elaborado en Galicia e a homenaxe máis cremosa á primeira froita tropical que coñecemos

Iogur con Uvas

Con sabor a uva fresca e coa cremosidade ideal do Leite de Pastoreo, o iogur pensado para festexar a vendima.

Iogur con Mandarina

Unha sobremesa ou merenda ideal con todo o sabor da nosa froita cítrica de inverno favorita

Iogur con Amorodo

O mellor do noso iogur con Leite de Pastoreo e a vitamina do amorodo

Iogur con Froitos do Bosque

O noso particular combinado de iogur con bagas e froitos do bosque para que os comas ás culleradas

Iogur con Pexego

Todo o sabor do pexego maduro nun iogur con Leite de Pastoreo que te sorprenderá

Iogur con Cereixa

Un dos favoritos dos amantes do iogur con froitas para gozar das cereixas todo o ano

Iogur con Pera

Un aire fresco nos nosos iogures con froitas elaborados con Leite de Pastoreo.

Iogur desnatado sabor Coco

Da unión entre o mellor Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a Coco, nace este iogur desnatado, perfecto para coidarte

Iogur desnatado sabor Lima-Limón

O noso iogur con menos calorías agora cun sabor refrescante e un toque cítrico

Iogur natural desnatado

Un iogur natural desnatado co mellor sabor do Leite de Pastoreo Larsa

Iogur desnatado sabor Amorodo

Un iogur desnatado coa textura perfecta do iogur con Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a amorodo que non deixa a ninguén indiferente

Iogur desnatado con Amorodo

O mellor do noso iogur desnatado con Leite de Pastoreo e as vitaminas dos amorodos

Iogur desnatado con cereais e fibra

Un iogur desnatado con toda a fibra dos cereais

Iogur desnatado con Ananás

Un cremoso iogur desnatado con deliciosa polpa de ananás pensado para che alegrar a vida.

Iogur desnatado con Framboesa

Deléitate co intenso sabor a framboesa co cremoso iogur Larsa de sempre, e con menos de 50 calorías!

Iogur desnatado con Melón

Goza do sabor a melón todo o ano co noso novo iogur, tan cremoso e saudable como todos os desnatados de Larsa

Iogur Sobremesa sabor Licor café

Unha homenaxe ao produto máis asociado ás longas sobremesas galegas que se converteu nun fenómeno único

iogur sobremesa mazá ao forno

Todo o sabor da mazá ao forno nunha sobremesa láctea con deliciosos anacos de froita

Iogur Bífidus natural desnatado

Coida a túa flora intestinal e a túa liña coa cremosidade do iogur elaborado con Leite de Pastoreo

Iogur Bífidus natural

O sabor do iogur natural de sempre cun extra que axuda a coidar a túa flora intestinal

Iogur Bífidus con abelás

O iogur perfecto para coidarte e encherte de enerxía

Iogur Cremosísimo Stracciatella

Delicioso é pouco para esta nova variedade de Larsa, non podemos describilo… Terás que probalo!

Cremosísimo Natural

Tan natural coma o Iogur Tradicional Larsa pero cunha cremosidade extraordinaria para gozar de todo o sabor do Pastoreo.

Cremosísimo Amorodo

Ao noso clásico iogur Tradicional sabor Amorodo saíulle un parente, próximo en sabor pero cun extra de froita e cremosidade que che sorprenderá.

Iogur Larseiriños Amorodo e Plátano

Un iogur concibido para os máis pequenos da casa! Sen anacos, elaborado con leite de Pastoreo e con 12 vitaminas e minerais.

Pastar ou non pastar, velaí a diferenza

Os iogures de Larsa son únicos no mercado. E non o dicimos unicamente nós, senón a lexión de fans das nosas sobremesas lácteas, que demostran a súa paixón día a día e responden con entusiasmo a cada lanzamento.

O sabor e a textura cremosa é o que os diferenza. Por que? Porque en Larsa elaboramos os nosos iogures con Leite de Pastoreo, obtido de vacas que pastan en liberdade, como sempre se fixo en Galicia. E por iso o sabor inconfundible dos iogures Larsa se mantivo igual durante décadas. Unha referencia nos fogares galegos, xeración tras xeración; iogures elaborados con leite 100% Galego, procedente de máis de 400 explotacións en réxime de pastoreo.

Ideal para…

Os Iogures Larsa con Leite de Pastoreo son a sobremesa perfecta; unha fonte de calcio para unha merenda sa e saudable como a que necesitan os máis pequenos e un ingrediente ideal para preparar un almorzo enerxizante, só ou combinado con froitas ou cereais. E se che gusta a repostaría, atoparás nos iogures Larsa o toque secreto para que as túas tortas e biscoitos sempre triunfen.

E como na variedade está o gusto, Larsa ofréceche unha gama amplísima coa que poderás elixir, incluso cada día, o sabor do teu «momento iogur» durante todo un mes sen repetires! Por iso comercializamos cada iogur por separado, sen packs dun só sabor, para que poidas escoller o iogur de pastoreo que máis che apeteza en cada compra.

En Larsa especializámonos en satisfacer aos amantes do iogur. Por iso mesturamos á base dos nosos iogures tradicionais todo tipo de combinacións, como os iogures con froitas, o iogur desnatado con cereais e fibra, os bífidus con abelás ou con figos… E as nosas sobremesas lácteas! Non deixes de probar o iogur do Peregrino ou as nosas deliciosas Sobremesas, con sabores moi vencellados á historia da Nosa Terra.