Cremosísimo Amorodo

Ao noso clásico iogur Tradicional sabor Amorodo saíulle un parente, próximo en sabor pero cun extra de froita e cremosidade que che sorprenderá.
Se pensabas que os iogures Larsa non tiñan competencia en textura, os Cremosísimos serán os novos reis do teu frigorífico. O potente e refrescante sabor do teu Larsa de Amorodo con Leite de Pastoreo de sempre pero agora cun extra de froita e cremosidade pero cunha sensación lixeira para que poidas repetir se queres.
  • Valores medios por
  • Enerxía:435KJ (104 Kcal)
  • Graxas:5,3 g
    • das cales
    • Saturadas:3,5 g
  • Hidratos de carbono:11,8 g
    • dos cales
    • Azucres:9,4 g
  • Proteínas:2,2 g
  • Sal:0,1 g
Leche, preparado de fresas: 17% (azúcar, fresas 35%, almidón modificado de maíz, aroma, reguladores de acidez: ácido cítrico, citrato trisódico, colorante: carmín), nata, almidón de arroz, almidón modificado de maíz, fermentos lácticos (leche).
Cremoso_fresa_1

O punto doce perfecto para poñer a guinda a unha boa comida

O iogur Cremosísimo Amorodo é ideal para rematar unha boa comida cos teus. O seu sabor doce e refrescante levarache a elixir unha sobremesa servida no vasiño de sempre de Larsa. Con todo o sabor do Leite de Pastoreo pero aínda máis cremoso que os iogures Larsa de sempre. Cun lixeiro toque de nata, para nós é perfecto só, pero se o prefires para almorzar, próbao cunha presiña de cereais. Irresistible!

Cremoso galego e lixeiro, moito mellor que un grego

O noso Cremosísimo de Amorodo incorpora un toque de nata para darlle ese extra de cremosidade pero resulta moito máis lixeiro ca outros iogures con nata porque ten un 5,3% de materia graxa, polo menos un 35% por baixo doutras sobremesas lácteas que atoparás no supermercado. Porque grazas ao Leite de Pastoreo certificado, procedente de gandarías que sacan a pastar ás súas vacas a diario, os nosos iogures teñen unha textura cremosa de seu. Un nivel digno do selo Galicia Calidade.

1239