Inicio / Conecenos / Quenes somos

SOMOS LARSA, A MARCA DE LEITE DE PASTOREO LIGADA GALICIA DENDE HAI CASE UN SÉCULO

Presentes nos fogares dende hai catro xeracións

A orixe de Larsa está, coma en moitas empresas de Galicia, na unión dunha familia, a dos irmáns Rodríguez López, para crear en 1933 un produto único, diferente: un queixo tradicional, do tipo Arzúa, pero elaborado de forma profesional.


O éxito daquela iniciativa na Granja Arjeriz foi o xermolo do que 1947 se deu en chamar Lactoagrícola Rodríguez S. A., da que xurdiu o acrónimo LARSA, xa con dúas plantas de produción en Chantada (Lugo) e en Vigo e sede en Vilagarcía de Arousa.

QUIÉNES SOMOS

Tradición comprometida coa Calidade

Ao longo da súa historia, Larsa sempre foi sinónimo de calidade, de compromiso coa súa orixe, e gústanos pensar que, grazas a iso, creceu coas familias e está presente nas mesas de catro xeracións de galegos, dando sempre o mellor.

Xa que logo, mantivemos o sabor e a receita dos produtos tradicionais Larsa ao longo do tempo sen demasiadas variacións, fieis á tradición que nos aboa dende 1933. O sabor de sempre dos nosos produtos converteunos nunha referencia para o consumidor; en clásicos, imprescindibles nas neveiras de Galicia. E máis alá! É o caso do Queixo de Barra Larsa, do noso leite e iogures tradicionais.

A esta primeira familia de produtos clásicos fómoslle incorporando outros novos, especialmente en forma de sobremesas lácteas, ata ofrecermos a gama máis ampla de iogures do mercado e sobremesas que lles renden tributo a sabores tradicionais de Galicia.

DENDE A ORIXE, APEGADOS AO RURAL

Cada ano Larsa recolle cerca de 75 millóns de litros de leite nunhas 425 ganderías diferentes da Comunidade Autónoma de Galicia ás que cada ano lles sumamos máis gandarías. A nosa achega ao desenvolvemento local vai máis aló da compra do leite, xa que Larsa promove a profesionalización do sector primario e contribúe ao mantemento da súa rendibilidade e sostibilidade a longo prazo.

Larsa está integrada en Corporación Alimentaria Peñasanta, un dos maiores grupos lácteos do país que destaca pola elaboración de produtos sans e naturais e conta con 1.300 traballadores, a metade no rural.

O sabor, de sempre

dos nosos produtos converteunos nunha referencia para o
consumidor