Coñece as Novidades de Larsa
Contámosche a actualidade da nosa empresa e as nosas campañas
Larsa continúa como a marca máis consumida en Galicia e a única marca rexional que consegue situarse primeira na súa comunidade autónoma, segundo o estudo Brand Footprint 2021, elaborado por Kantar Worldpanel
CALIDADE E SABOR, O NOSO FEITO DIFERENCIAL
Larsa é unha marca certificada polo Laboratorio interprofesional Galego (LIGAL) como Leite 100 % Galego . Esta certificación distingue os produtos lácteos galegos de calidade superior e garante a trazabilidade do leite dende a granxa ata o consumidor. Significa que o leite procede de granxas galegas que cumpren uns requisitos de calidade excepcionais e superiores aos existentes na normativa comunitaria.
PASTOREO
En 2017 Larsa foi a primeira marca galega en lograr o certificado Leite de Pastoreo da entidade líder en certificación e inspección SGS S.A., que acredita que as vacas pacen en liberdade en prados o suficientemente extensos, abondosos e coidados para garantir que o gando crece e se cría no seu hábitat natural. Grazas a esta aposta polo pastoreo, o Leite Larsa, coma todos os produtos Larsa de Pastoreo, é cremoso e de sabor intenso.
INNOVACIÓN AO SERVIZO DA TRADICIÓN

O noso apoio á produción en réxime de pastoreo é unha volta á orixe, ao recoñecemento das boas prácticas que caracterizaron tradicionalmente aos gandeiros galegos e, dende hai case 100 anos, aos que traballan con Larsa.

Larsa naceu da innovación ao elaborar de forma profesional un produto tradicional, coma o queixo plano tipo Arzúa, para levalo ao mercado. E ese segue a ser o noso espírito, o de sermos fieis gardiáns das tradicións de Galicia. Por iso lanzamos novas presentacións dos sabores máis tradicionais, produtos de alto valor engadido que lle renden homenaxe á nosa historia en común. Un tributo a sabores moi de noso para espallar esa cultura gastronómica entre os máis novos e máis alá das nosas fronteiras.

Boa proba disto é a Sobremesa de Licor Café. Un produto lanzado en 2016 co sabor máis típico das xuntanzas familiares e de amigos de Galicia que se converteu nun fenómeno social e mercantil. A súa comercialización revolucionou o mercado galego, esgotou as existencias dos supermercados e excedeu a nosa capacidade de produción durante semanas.

Con este e outros lanzamentos, Larsa dá un paso máis na súa traxectoria como empresa de referencia coa gama de iogures máis completa do mercado. Entre eles, destaca o Iogur de Vainilla, unha sobremesa única, cun sabor intenso e unha cremosidade inigualable. Por algo é o iogur máis vendido en Galicia e levanta paixóns mesmo alén dos Ancares. É un dos nosos produtos estrela.

E que dicir logo do Queixo en Barra, que dende hai décadas é o queixo dos galegos? Suave, sabedeiro e cun perfecto fundido que fixeron del o queixo de referencia para bocadillos e sándwiches de varias xeracións. Por iso mantemos a receita e a fórmula de sempre!

As nosas Campañas

Temos moitos argumentos para invitarte a pasar ao #Pastoreo. Descúbreos!
Reproducir vídeo

Aquí Facémolo Así… E as vacas pastando!

Se coidamos a natureza, a natureza devólvenos o mellor sabor… Por algo somos a marca favorita dos galegos. Xa sabes, 100% Larsa, 100% Pastoreo… É que #AquíFacémoloAsí