Novas de Larsa
Toda a actualidade da nosa marca
Grazas por visitar a sección dedicada ás noticias de Larsa. Aquí poderás atopar as últimas Notas de Prensa e campañas de marketing difundidas para detallar a nosa actividade e promover o lanzamento dos nosos produtos.
Se es profesional dun medio de comunicación, podes utilizar sen problema a información e os recursos que ves aquí. Se precisas dalgunha outra cousa, non dubides en contactarnos:
Leite Larsa
Contacta con nos
Teléfono: 982 393 250
Notas de prensa

Larsa, marca máis consumida en Galicia e favorita por quinto ano consecutivo
Larsa mantense, por quinto ano consecutivo, como a marca máis consumida en Galicia e favorita dos galegos á hora de encher a súa cesta da compra.
O estudo Brand Footprint 2022, que cada ano realiza Kantar Worldpannel, volve situar a Larsa na primeira posición da clasificación, poñendo de manifesto a predilección dos galegos cara aos produtos de Larsa. Un orgullo e honra que, creemos, apoia a nosa aposta por seguir ofrecendo alimentos lácteos da máxima calidade e o sabor dos nosos valores diferenciais: o Pastoreo e o leite de calidade certificada 100% galega.
O noso propósito é claro: manter a autenticidade dos nosos produtos, a confianza dos consumidores e o apoio a Galicia a través dos nosos produtos.

Os gandeiros de Larsa consolidaron unha revalorización anual no prezo do leite por encima de catro céntimos no mes de novembro
A compañía revisará á alza o prezo base dos seus contratos en 2022 para seguir cumprindo coa Lei da cadea alimentaria.
A marca LARSA consolidou unha revalorización de 4 céntimos o litro do prezo do leite este mes de novembro con respecto ao mesmo mes do ano anterior.
Esta subida e o prezo pago ao gandeiro están por encima dos prezos medios de Galicia segundo os datos publicados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (INFORME DE DECLARACIÓNS OBRIGATORIAS VACÚN DE LEITE).
Ademais, a marca Larsa continúa apoiando e promovendo a gandería de pastoreo sostible, e por iso os contratos que ten asinados cos seus gandeiros incorporan un compoñente variable que permite subir o prezo que paga ao gandeiro ao longo de todo o ano, e así compartir o valor xerado con eles sen esperar á revisión do prezo na data acordada de renovación de contratos.
A compañía REVISARÁ Á alza O PREZO BASE dos seus contratos en 2022 para seguir cumprimento á Lei da cadea alimentaria, ademais de seguir compartindo valor cos seus gandeiros a través dos seus contratos no seu compromiso cunha cadea de valor sostible en todos os elos, desde a gandería ata a mesa.

Larsa, marca máis consumida en Galicia e favorita por cuarto ano consecutivo
Única marca rexional que logra situarse primeira na súa comunidade autónoma: Galicia, segundo o estudo Brand Footprint 2021
Larsa é a marca máis consumida de Galicia e favorita dos galegos á hora de encher a súa cesta da compra. O liderado de Larsa é indiscutible e mantense na primeira posición por cuarto ano consecutivo segundo o estudo Brand Footprint 2021.
O estudo Brand Footprint, que cada ano realiza Kantar Worldpannel, sobre as marcas de gran consumo máis elixidas en España revela na súa última entrega que Larsa é a única marca rexional que é líder do mercado na súa comunidade autónoma, Galicia, o seu territorio de orixe.
Este é o cuarto ano que os galegos elixen Larsa como a súa marca favorita, un orgullo e unha honra que, cremos, apoia a nosa aposta por seguir ofrecendo alimentos lácteos da máxima calidade e o sabor dos nosos valores diferenciais: o Pastoreo e o leite de calidade certificado 100% galego.
Desde Larsa continuamos apostando por produtos innovadores e da máxima calidade, elaborados con leite de Pastoreo certificado pola entidade líder en supervisión de cumprimento normativo SGS.

Larsa é a marca favorita na cesta da compra dos galegos por terceiro ano consecutivo.
É a única marca rexional líder nunha comunidade autónoma: Galicia, segundo o último estudo Brand Footprint 2020

Larsa, premio Publicidade en Galego pola súa campaña ‘Benvidos, novos Larseiros!’
A campaña publicitaria de Larsa Benvidos, novos Larseiros! ten premio! O Parlamento de Galicia, o Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia veñen de recoñecer a Larsa co Premio Publicidade en Galego na categoría de radio.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, inaugura as novas instalacións de Larsa en Lugo
Larsa inviste 25 millóns de euros en 3 anos e renova o seu compromiso con Galicia co obxectivo de seguir a ofrecer produtos de calidade

A marca preferida en Galicia
Larsa é un ano máis a marca preferida en Galicia e o maior caso de éxito entre as marcas rexionais.

Larsa e a Universidade de Santiago de Compostela convocan a II Edición de “Impulsando Galicia”
Os premios promoven o emprendemento mediante a busca de proxectos de innovación tecnológica, produtos, ingredientes ou procesos que fomenten a saúde a través da nutrición
En Galicia
Larsa é unha empresa galega e ten a súa sede en Galicia, orixe da materia prima coa que elabora os seus produtos. A nosa historia é a dunha empresa que sempre valorou as cousas ben feitas e honrou a tradición láctea e gandeira de Galicia. Por iso mantivo a calidade e o sabor dos seus produtos máis tradicionais durante décadas. Porque o bo é mellor non cambialo.
Marca de confianza
A nosa traxectoria está unida á terra, aos galegos, que nos honraron co seu recoñecemento como unha marca de confianza. No 2018 Larsa foi a primeira marca de alimentación máis elixida de Galicia segundo o estudo Brand Footprint 2018, elaborado por Kantar Worldpanel; un liderado que nos enche de orgullo e que recibimos co compromiso de seguir apostando polo noso, pola orixe.
De Pastoreo
No 2017 Larsa foi a primeira marca de Leite de Pastoreo Certificada por SGS S.A., unha entidade de certificación e inspección que avala que o leite dos produtos Larsa están elaborados con vacas que pacen a diario en prados ao aire libre. O certificado esixe que as vacas pasten un mínimo de 120 días ao ano, distribuídos en 6 horas ao día durante os últimos 12 meses ou en 720 horas nun ano. Este réxime de pastoreo ten por obxectivo obter alimentos sans e de calidade, grazas a un uso óptimo e racional dos recursos, respectando o Medio Ambiente e o benestar animal.
Innovación
Larsa naceu dunha idea innovadora e segue a apostar pola mellora continua dos procesos de produción con dous obxectivos: mellorar a calidade nutricional do produto, garantir a sostibilidade ambiental e económica das explotacións gandeiras e crear produtos innovadores para ofrecer sabores de sempre en formatos novos. Algúns dos últimos exemplos disto son os lanzamentos de Sobremesa de Licor Café, de Torta de Limón, de Mazá ao Forno ou de Queimada, así coma os Iogures do Peregrino e de Torta do Camiño e Castañas.