Receitas Larseiras

Unha infinidade de propostas de entrantes, pratos e sobremesas tan deliciosos e únicos coma os produtos Larsa

O mellor dos nosos produtos é que podes comelos sós ou engadirllos a calquera receita. Sempre triunfan! Atréveste a descubrir as infinitas posibilidades do leite, os queixos, os iogures, a manteiga e a nata Larsa? Propómosche unha serie de receitas sinxelas e xeitosiñas. Tanto se es un cazoleiro coma se estás a piques de estrear o mandil, aquí atoparás propostas de todo tipo e para todos os gustos. Básicas, orixinais, atrevidas, para sorprender aos teus achegados ou saborealas na intimidade do teu sofá… Un tributo a eses padais esixentes co sabor único e a calidade de Larsa


Trucos, segredos, información...

Se queres ver como o facemos antes, podes seguir as receitas en vídeo paso a paso na nosa canle de YouTube.

Sabías que o truco secreto de moitas sobremesas e biscoitos é utilizar como vaso de medida o dos iogures Larsa? Entra na cociña connosco e descubre as máis gorentosas combinacións Larseiras para preparar almorzos, comidas, merendas ou ceas. Receitas con Leite de Pastoreo ou Nata Larsa, pratos enriquecidos cos nosos queixos, petiscos e sobremesas co toque tradicional da nosa deliciosa Manteiga.

E o iogur…? Quen non sabe dese truco secreto para elaborar sobremesas e biscoitos perfectos que consiste en utilizar como vaso de medida o dos iogures Larsa?

Ofrecerémosche toda a información que precisas sobre alérxenos e necesidades especiais para que poidas cociñar para todos e facelo con seguridade. Elabora connosco estas receitas para todos os gustos e adaptadas ás necesidades nutricionais específicas grazas á nosa gama Sen Lactosa, que poderás empregar co mesmo resultado que o leite, o queixo e os iogures Larsa elaborados con Leite de Pastoreo, pero neste caso Sen Lactosa.

Cociña con Larsa sen máis complicacións que seguir paso a paso as nosas indicacións e desfruta sen límites da variada gastronomía da nosa terra. As nosas receitas inclúen información práctica sobre a preparación, mais tamén todos os datos nutricionais e sobre alérxenos que che cómpren para elaborar pratos seguros e adaptados ás necesidades de todos. E se queres ver antes como o facemos nós, poderás seguir as receitas en vídeo paso a paso na nosa canle de YouTube.