Torta de chocolate e galletas

O Día Internacional do Chocolate! Cada 13 de setembro, o cacao celébrase como beneficioso e por adozar a vida.

Notas de interese / Consellos

A Torta de Chocolate e Galletas conta con varios puntos fundamentais que deben terse en conta. A presentación deste doce ha de coidarse para que as porcións sexan iguais ao corte e se manteña uniforme cada capa de ingredientes. Por outra banda, o tempo de repouso permite que a consistencia sexa a adecuada para que non dificulte o momento de servir.

Alérxenos

Leite, glute.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

Para comezar, divide o Leite de Pastoreo Enteiro Larsa en dous cuncos. Nun deles verte aproximadamente 250 mililitros e o leite restante, no outro.

Retira a Manteiga Tradicional Larsa do frigorífico e deixa que se tempere.

Verte o contido do cunco con menos leite nunha pota.

Quenta o leite a lume medio sen que rompa a ferver e engade unha cullerada de canela en po, outra de café soluble e unha tira de pel de limón. Infusiona o leite e retírao do lume para que repouse ao mesmo tempo que se arrefría.

Quenta no microondas o recipiente con maior cantidade de leite durante 3 minutos, evitando que espume ou ferva.

Engade o chocolate ao leite e comeza a mesturar suavemente para que se funda sen formar grumos. A continuación, agrega a manteiga e sal ao gusto e integra á perfección todos os ingredientes.

Monta a Nata para Montar Larsa con axuda dun batedor eléctrico ata que a consistencia sexa suave. Engade a nata ao chocolate e mestura suavemente en círculos.

Para montar a Torta de Chocolate e Galletas e desmoldarla sen problemas, forra o molde rectangular con papel vexetal.

Verte unha primeira capa de chocolate para dar consistencia á torta. Crea a primeira capa de galletas cubrindo o molde con galletas humedecidas no leite infusionado, pero sen empapalas. É importante que deixes uns milímetros de separación entre elas.

Volve a verter outra capa de chocolate e coloca outra capa de galletas, repetindo este proceso ata encher o molde ao completo. Sírvete dunha lingua de silicona para alisar cada capa e cubrir as galletas. Calcula as cantidades para que a última capa sexa de galletas e mellorar a consistencia á hora de cortar as porcións.

Refrixera a Torta de Chocolate e Galletas durante polo menos 4 horas, aínda que o recomendable é que pase a noite no frigo. Para desmoldar, retira a torta do frigorífico e tempéraa durante 5 minutos a temperatura ambiente. A continuación, sírvete do papel vexetal para retirala do molde e devolvela á neveira.

1643