Con esta materia prima de excepcional calidade, tan só sometida a tratamentos térmicos para garantir a seguridade alimentaria, envasamos o noso Leite tradicional Enteiro, un leite de sabor intenso e un corpo consistente, como o do leite de sempre.
O leite fiel á tradición das ganderías de tamaño medio de Galicia, con entre 15 e 100 vacas leiteiras, que destacan polo seu método tradicional, o seu coñecemento do gando e da xestión dos pastos transmitido de xeración en xeración, desde hai case 100 anos. Un leite 100% Galego, un produto san que ademais fomenta o desenvolvemento do medio rural da nosa comunidade.
O Leite tradicional Enteiro Larsa ten propiedades nutricionais únicas. A alimentación natural das vacas e a alta calidade de vida da que gozan fai que produzan un leite de características especiais.
Un alimento completo para toda a familia e que reúne nun só vasiño de 10 ml o 15% das cantidades diarias recomendadas de calcio. Goza do sabor Larsa, pásate ao Pastoreo de Galicia e descubre un leite enteiro delicioso, tanto frío como quente, só ou con café, cereais ou cacao.
© 2025 All Rights Reserved.