En Larsa sempre estamos a buscar novos sabores que satisfagan aos nosos larseiros e por iso elaboramos o noso Quefir con leite de gandarías en réxime de Pastoreo. En sabores natural, limón e amorodo, está pensado para coidar da túa saúde sen perder o sabor e a cremosidade únicos que nos caracterizan. Aproveita todos os beneficios dun dos lácteos máis antigos que existen e comeza a coidarte desde dentro.
O equilibrio perfecto entre a acidez do quefir e a suavidade doce dos amorodos.
En Larsa elaboramos todos os nosos iogures con leite de Pastoreo, o que fai que teñan ese sabor tan especial que tanto nos gusta. O leite que utilizamos provén de vacas que viven en liberdade, pacendo en campos galegos e alimentándose de maneira natural. O benestar das nosas vacas inflúe directamente nos nosos produtos.
Grazas á presenza de microorganismos vivos e á combinación de fermentos lácticos propios do quefir e do iogur, o noso Quefir con leite de Pastoreo coida de ti dende a primeira cullerada. Ademais, é unha fonte natural de nutrientes esenciais como o calcio e as proteínas. Sen dúbida, unha opción saudable que che axuda a sentirte ben por dentro e por fóra.
© 2026 All Rights Reserved.