Descubre a nosa selección de queixos máis tradicional para gozares do sabor máis xenuíno de Galicia.
Unha gama que agrupa os queixos máis representativos da nosa terra e a garantía do sabor e a calidade Larsa. Así son os nosos queixos galegos con Denominación de Orixe. Desfruta co sabor suave e extracremoso do Queixo Tetilla e coa personalidade do Queixo Arzúa-Ulloa, elaborados coas receitas máis tradicionais.
A expresión da orixe de Larsa e do queixo máis característico de Galicia reunidos nunha selección única composta polo queixo con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e o queixo con Denominación de Orixe Tetilla. Dúas posibilidades para degustar a esencia da tradición galega.
Sabías que o Queixo Arzúa-Ulloa foi o primeiro produto comercializado por Larsa? Foi froito da innovación porque, malia ser un queixo elaborado dende tempos inmemoriais na nosa terra, o de Larsa foi o primeiro producido de forma profesional.
O noso queixo decano é unha referencia da tradición gastronómica coa garantía da D.O. Arzúa-Ulloa
Tan característico de Galicia pola súa forma como polo seu sabor e elaborado con leite 100 % Galego
O Queixo Arzúa-Ulloa con Denominación de Orixe de Larsa é un queixo madurado, con ese aroma lácteo tan característico. Fácil de fundir, o seu sabor recorda a manteiga cun lixeiro proído final, tan típico dos queixos galegos de Arzúa-Ulloa.
Como o máis internacional dos queixos galegos, o de Denominación de Orixe Tetilla Larsa encerra dentro da súa forma característica un sabor extraordinario. De celme e recendo suaves e unha textura cremosísima, o Queixo Tetilla Larsa é un alimento que gusta a toda a familia e un aperitivo perfecto para petiscar a calquera hora.
A nosa selección de queixos galegos con Denominación de Orixe é perfecta para consumir a calquera hora, combinados con maridaxes salgadas ou doces que realzan o seu sabor ou ofrecen un delicioso contraste de sensacións.
Os dous son suaves e fundentes, o que tamén os fai perfectos lles para dar esa personalidade tan galega aos teus pratos. Deléitate co queixo de Arzúa-Ulloa en mollos ou cremas, emprega o Tetilla para recheos rebozados e goza de dous sabores tan intensos coma diferentes.
© 2024 All Rights Reserved.