Iogures de pastoreo con Froitas
A froita tómase ás culleradas! Os iogures de pastoreo con froitas Larsa son a proba irrefutable de que comer froita é san, e tamén un pracer. Podes escoller o que máis che preste entre a nosa selección: iogur con amorodo, iogur con ananás, iogur con pexego, iogur con froitos do bosque, iogur con cereixa, iogur con mandarina ou iogur con pera. Todo o sabor da mellor froita nos teus iogures favoritos.
Iogur con Uvas
Con sabor a uva fresca e coa cremosidade ideal do Leite de Pastoreo, o iogur pensado para festexar a vendima.
Iogur con Mandarina
Unha sobremesa ou merenda ideal con todo o sabor da nosa froita cítrica de inverno favorita
Iogur con Amorodo
O mellor do noso iogur con Leite de Pastoreo e a vitamina do amorodo
Iogur con Froitos do Bosque
O noso particular combinado de iogur con bagas e froitos do bosque para que os comas ás culleradas
Iogur con Pexego
Todo o sabor do pexego maduro nun iogur con Leite de Pastoreo que te sorprenderá
Iogur con Cereixa
Un dos favoritos dos amantes do iogur con froitas para gozar das cereixas todo o ano
Iogur con Pera
Un aire fresco nos nosos iogures con froitas elaborados con Leite de Pastoreo.
Leite de pastoreo: o segredo do sabor dos nosos iogures
Os iogures con froita Larsa elabóranse co mellor leite de pastoreo; leite de vacas que viven e pastan felices nos verdes prados galegos. Os gandeiros de pastoreo saen cos seus animais todos os días pola mañá ben cedo. As vacas gozan da súa liberdade ata última hora da tarde, cando se retiran a descansar.
Nas granxas de pastoreo respéctanse os ritmos dos animais e compleméntase a súa alimentación de pastos con alimentos naturais. Todo este agarimo e ausencia de tensión dan como resultado unha materia prima de calidade superior coa que se preparan os nosos sabedeiros iogures con froitas. Próbaos e verás a diferenza!